Burela, 2 de xuño, 2026. A asociación cultural Xebra! celebra o seu décimo terceiro aniversario cun programa especial de actividades o venres 5 e sábado 6 de xuño. Os festexos comezarán ás 22:30 horas e incluirán unha pinchada colectiva das socias o venres e o concerto de Loita Amada o sábado.
O centro social, situado na rúa Leandro Cucurni 9, abriu as súas portas en 2013 durante as festas patronais, e desde entón conmemora cada ano a súa inauguración coincidindo con estas datas. Este ano repiten o formato “as sócias aos pratos!”, un menú degustación musical cos mellores discos das integrantes da asociación. A entrada terá un prezo de 3 euros para persoas socias e 4 euros para non socias.
O sábado chega o prato forte: o concerto de Loita Amada, unha banda formada por seis músicos con traxectoria en grupos de referencia da escena galega como Xenreira, A Matraka Perveresa ou NAO. A súa proposta combina canción protesta e rock contundente, cun directo enérxico liderado por Jásper. A entrada para esta actuación será de 10 euros.
Desde a organización convidan a toda a veciñanza a achegarse ao local antes de baixar ao campo da festa, para bailar, cantar e brindar por outros trece anos máis construíndo en colectivo o único centro social da comarca.





















A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.



