Site icon Crónica3.com A Mariña

Os máis pequenos foron os protagonistas da 2º Foliada Infantil de Nadal en Foz

Onte A Subela de Foz organizou a 2ª Foliada Infantil de Nadal, na que participaron ademais do grupo anfitrión, os grupos Saiñas de Xove e Airiños do Xunco de Cervo. A pesar de ser día laborable e da climatoloxía adversa numeroso público acudiu a disfrutar dunha velada na que os máis pequenos foron os protagonistas. A Subela quere felicitar a tod@s os nen@s participantes polo seu bo facer e agradecer ao público a súa asistencia a este acto tan entrañable, que na súa segunda edición xa se está a consolidar dentro dos actos de Nadal que se celebran en Foz.

Exit mobile version