Onte A Subela de Foz organizou a 2ª Foliada Infantil de Nadal, na que participaron ademais do grupo anfitrión, os grupos Saiñas de Xove e Airiños do Xunco de Cervo. A pesar de ser día laborable e da climatoloxía adversa numeroso público acudiu a disfrutar dunha velada na que os máis pequenos foron os protagonistas. A Subela quere felicitar a tod@s os nen@s participantes polo seu bo facer e agradecer ao público a súa asistencia a este acto tan entrañable, que na súa segunda edición xa se está a consolidar dentro dos actos de Nadal que se celebran en Foz.
Os máis pequenos foron os protagonistas da 2º Foliada Infantil de Nadal en Foz
Os máis pequenos foron os protagonistas da 2º Foliada Infantil de Nadal en Foz
Relacionado
-
A Agrupación Francisco Lanza organiza unha viaxe cultural a Lugo
-
O pasado venres, 24 de maio, celebrouse un Obradoiro de Educación emocional e técnicas de relaxación no Concello de Alfoz
-
En marcha os talleres onde se está a preparar o material necesario para a confección das alfombras florais do Corpus Christi de Viveiro 2024, que promove a Irmandade de mulleres da Santa Cruz da Semana Santa de Viveiro