Ribadeo, 4 de setembro de 2025. Ribadeo asinou as subvencións nominativas coas entidades sociais que traballan no concello e na contorna. Por primeira vez recibirá colaboración económica Proxecto Home.
O alcalde, DanI Vega, contou que “o Concello volve firmar os convenios, as subvencións nominativas, con todas as entidades sociais de Ribadeo, da comarca e, en definitiva, con todas aquelas entidades que se ocupan e preocupan por todos. Estamos a falar da asociación A Mariña Cogami, coa que nós estamos traballando conxuntamente tamén noutros proxectos, pero neste senso o que ten é un obxectivo que é a promoción do benestar físico e motor para as persoas con discapacidade. Como moitos veciños e moitas veciñas, tamén do concello, participan das actividades de Cogami, imos aportarlles unha cantidade”.
O rexedor seguiu a relatar: “estamos a falar tamén da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña. Sabemos todos que aparte desta colaboración que nós aportamos para as actividades, que son accións encamiñadas a orientar, coordinar as accións de promoción social, concretamente da atención directa a persoas e familias que están en risco de exclusión social. A parte desta colaboración, nós tamén colaboramos xa que esta asociación é a encargada de elaborar a cestiña dos arrolos, que desde que chegamos ao goberno todo aquel neno que ven a Ribadeo e se censa ou aquel que nace tamén en Ribadeo ten una cestiña dos arrolos”.
Vega dixo que “a Fundación Edes, que vamos colaborar e nestes momentos tamén estamos a colaborar conxuntamente con moitas actividades de acción social, de poñer en valor tamén cuestións como a agricultura, neste caso, o que queremos é contribuír a que as persoas que están situadas no marco da diversidade funcional teñan un acceso a moitos recursos que nesta entidade aporta”.
O alcalde indicou: “a Cruz Vermella, que tamén colaboramos con moitas cousas con eles, pero aparte colaboramos neste proxecto de benestar social. Cáritas, que fai un traballo conxunto en moitas accións, tamén colaboramos con eles. Educando en Familia, ademais de todas as actividades que facemos extraordinariamente, nós tamén queremos seguir colaborando con eles, que son unha entidade dedicada ao acompañamento educativo de moitas familias”.
E engadiu: “e Proxecto Home, que é unha das que se incorpora este ano, aquí colaboramos,. Nos xa viñamos colaborando con eles cando estabamos na oposición, entendemos que é bo incorporar a todas as subvencións nominativas que aporta o Concello a unha entidade que coida moitísimo da persoa. É unha entidade dedicada á atención integral aos colectivos marxinados ou ás necesidades de moitas persoas que teñen certos problemas e que necesitan un apoio e un reforzo que Proxecto Home, sen lugar a dúbidas lles da”.
Dani Vega subliñou que “é unha colaboración importante, incrementamos orzamento, estamos chegando a preto de 15.000 euros que aportamos ás distintas entidades que ten un obxectivo, que é velar e coidar da persoa, é dicir traballar desde o punto de vista social. O Concello vai a colaborar e a seguir participando de moitas acciones que fan todos eles e tamén outras que vamos aportar e vamos empezar tamén durante este ano a traballar conxuntamente”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



