Estos días está en Ribadeo a exposición ‘Nós tamén fomos emigrantes’, con fotos relacionadas coa emigración entre a guerra e os anos 60. Cando vin o cartel, fíxenme á idea de vela, na Oficina de Turismo. E alí fun hoxe.
Certo, non é a idea que tiña dunha exposición sobre a emigración galega. A exposición consta de fotos diversas, pero en xeral, de grupo. É dicir, de grupos encadrados na ‘emigración oficial’, ‘respaldada e organizada polo estado’, etc. Ou sexa, dunha parte da emigración, dulcificada e na que aparece o estado non como causante senón como provedor de futuro da xente. Un grupo de mulleres que é formado por monxas durante un mes para emigrar a Australia -1961, varias fotos-, un barco que chega con emigrantes retornados coa ‘operación España’ recibidos en porto por moita xente e unha banda de música -propaganda-, mans en alto co saúdo feixista ó chegar a Alemaña a traballar (neste caso, estamos a falar de 1941…), un empresario que fixo cartos con voos para emigrantes tomando café ó pé dunha estatua de Beethoven en Alemaña -como tipo característico da emigración?- son algúns dos temas. E cando a foto se achega ós rostros, tranquilidade, mesmo sorrisos, ledicia… tanto ó volver como ó marchar! De feito, hai nela fotos que non se sabe se recollen esceas de despedida ou de benvida no retorno. Nada ou moi pouco que poda lembrar ó que nos contaban os nosos familiares ou coñecidos de volta á terriña, ou do que refería Castelao de xeito gráfico, ou do que se pode ver en películas como ‘Un franco, catorce pesetas’, ou mesmo entrever noutras cintas máis antigas que tiñan que burlar a censura. A emigración era tamén así, as fotos son reais, pero, en que proporción? E, mesmo para esa mesma xente, que hai do ‘resto do tempo’?
Si, certo, o título da exposición serve para lembrar que nós, a xente que nos precedeu nesta terra e aínda boa parte dos que a habitan hoxe, foron emigrantes, pero o seu contido implica que ‘fomos emigrantes doutra clase’, ‘organizados, mantidos por un estado que apoiaba’… cando esas son verdades que atinxen a unha mínima parte da emigración e que a máis, aínda deixan fóra, acalan e ocultan moitos aspectos desa parte da emigración que tentan retratar como única.
Coido que a exposición é no mellor dos casos unha oportunidade perdida para amosar de xeito amplo o mundo da emigración, e, no peor, unha mostra de nesgo ideolóxico cun lavado de cara dun tempo pasado. Un evento que recorre Galicia con moita difusión polo respaldo económico de Abanca, feita a partir de fondos gráficos da axencia EFE -fundada por Ramón Serrano Súñer no 1939- e correspondentes ó período de ditadura…




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



