Site icon Crónica3.com A Mariña

Reunión na Casa da Cultura para organiza un novo grupo de Pilates das Escolas Deportivas de Cervo

Dende a  concellería de Deportes de Cervo prevese organizar un grupo de Pilates dirixido a persoas adultas, dentro da oferta das Escolas Deportivas Municipais, a raíz da demanda desta modalidade. Os responsables municipais convocan para mañá, venres, a unha reunión aberta na Casa da Cultura a partir das 20.30. En principio as clases terían lugar os martes e xoves de 21:15 a 22:15 horas. Na xuntanza participaran o alcalde, Alfonso Villares, o concelleiro de Deportes, Rubén Fernández, a coordinadora das Escolas Deportivas,Mª Esther Gómez, e un responsable da empresa IG-10 Sport.

Exit mobile version