Dende a concellería de Deportes de Cervo prevese organizar un grupo de Pilates dirixido a persoas adultas, dentro da oferta das Escolas Deportivas Municipais, a raíz da demanda desta modalidade. Os responsables municipais convocan para mañá, venres, a unha reunión aberta na Casa da Cultura a partir das 20.30. En principio as clases terían lugar os martes e xoves de 21:15 a 22:15 horas. Na xuntanza participaran o alcalde, Alfonso Villares, o concelleiro de Deportes, Rubén Fernández, a coordinadora das Escolas Deportivas,Mª Esther Gómez, e un responsable da empresa IG-10 Sport.
Reunión na Casa da Cultura para organiza un novo grupo de Pilates das Escolas Deportivas de Cervo
Reunión na Casa da Cultura para organiza un novo grupo de Pilates das Escolas Deportivas de Cervo
Relacionado
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
45 alumnxs do IES de Foz graduáronse este mércores nun acto emotivo e divertido