Trabada, 23 de abril de 2025. O Concello de Trabada vén de conseguir unha nova axuda por importe de 60.000 euros ao abeiro da convocatoria de “Axudas para a aplicación de solucións baseadas na natureza orientadas á prevención de riscos asociados ao cambio climático en espazos urbanos e periurbanos”.
Esta subvención permitirá acometer unha mellora significativa do complexo deportivo, cun investimento total de 75.000 euros, dos cales o Concello aportará 15.000 euros con fondos propios.
O proxecto inclúe:
A instalación de pérgolas con cuberta verde, que ofrecerán sombra e espazos de descanso para os usuarios.
A creación dun peche natural para o campo de bolos tradicionais, en liña co compromiso do Concello coa integración paisaxística e a sustentabilidade.
O alcalde, Rubén García, salientou que “esta nova actuación é un paso máis na nosa aposta por espazos públicos de calidade, sostibles e pensados para o benestar da veciñanza. Quero destacar o traballo feito polo equipo de goberno e os técnicos municipais, grazas ao cal logramos acadar esta importante axuda”.
Esta mellora súmase ás actuacións que comezarán nas vindeiras semanas, como son:
A construción dun circuíto de bicicletas pump track.
A instalación dun novo tobogán infantil, ampliando así as opcións de ocio e deporte para os máis pequenos.
Desde o Concello de Trabada continúase a traballar e a solicitar novas subvencións que permitan seguir transformando e mellorando o municipio. “Seguiremos apostando polo desenvolvemento sostible e pola creación de espazos que melloren a calidade de vida da nosa veciñanza”, concluíu o alcalde.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



