A programación inclúe actividades nos centros educativos, propostas de lecer na praza do Concello e unha mesa redonda sobre educación sen discriminación
Burela, 15 de outubro de 2026. O Concello de Burela celebrará do 19 ao 23 de outubro a II Semana da Infancia e Adolescencia, unha iniciativa impulsada polas áreas de Educación e Mocidade para conmemorar os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes, dar visibilidade ao recoñecemento de Burela como Cidade Amiga da Infancia e continuar traballando na renovación desta distinción.
A proposta dá continuidade á iniciativa posta en marcha en 2025 na Mesa Técnica da Infancia, que promove a celebración dunha semana ao ano dedicada aos dereitos da infancia e da adolescencia. A programación inclúe obradoiros e actividades arredor do bo trato, a igualdade, a saúde, a diversidade e o xogo, ademais de formacións e encontros dirixidos a diferentes públicos.
Dende o Concello de Burela agradecen a implicación do persoal municipal de distintas áreas, en especial a Noelia Legazpi, educadora familiar do Concello, e Jaime Méndez, técnico de Mocidade; así como a colaboración dos centros educativos de primaria e secundaria da vila e o compromiso dos profesionais que participarán nas actividades.
Entre as propostas complementarias figura a proxección do documental “Palestina, una tragedia permanente”, o xoves 15 de outubro no Auditorio da Casa da Cultura. O mércores 21 pola mañá, os nenos e nenas do CEIP Vista Alegre visitarán os murais da Confraría de Burela. Pola súa banda, a Asociación Alborada de Vigo impartirá o venres pola mañá, no salón de plenos, unha formación dirixida a profesionais da psicoloxía que traballan coa infancia e a adolescencia.
Durante todas as tardes da semana, a praza do Concello contará con xogos de mesa, unha mesa de ping-pong e unha máquina recreativa retro a disposición dos nenos, nenas e adolescentes.
Un dos actos centrais terá lugar o xoves 22 de outubro, ás 19.00 horas, coa mesa redonda “Educación sen Discriminación”, na que participarán Ana Vasco, fiscal especializada en delitos de odio; Pablo Cando, xefe do GIC de Lugo e responsable tamén de delitos de odio; Emma Velo, da asociación Ecos do Sur; e Pilar Fernández, de Arraianas.
A semana rematará o venres 23 de outubro, ás 19.00 horas, cun acto de clausura no parque Rosalía de Castro, a cargo da alcaldesa, Carmela López, e do tenente de alcaldesa e concelleiro de Educación e Mocidade, Mario Pillado. O peche contará cun ensaio aberto da Escola de Música e coa actuación do grupo adolescente Blood Skeleton.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



