O dispositivo inclúe prohibicións de estacionamento, cortes de circulación e itinerarios alternativos para facilitar os desprazamentos durante as probas deportivas
Viveiro, 15 de outubro de 2026. O Concello de Viveiro informa das medidas de regulación do tráfico que se aplicarán durante a fin de semana do 17 e 18 de outubro, con motivo da celebración da I Milla Internacional do Cantábrico.
Segundo recolle o bando municipal, quedará prohibido estacionar na Travesía da Mariña, en ambas as marxes, desde as 10:00 horas do sábado 17 ata as 14:00 horas do domingo 18 de outubro.
O sábado 17, a circulación pola Travesía da Mariña permanecerá cortada entre as 14:00 e as 21:00 horas.
O domingo 18 produciranse cortes puntuais na Travesía da Mariña, na Variante e na Ponte da Misericordia. Ademais, o tramo da LU-862 comprendido entre a glorieta da Oficina de Turismo e a gasolineira de Celeiro permanecerá cortado durante a celebración da carreira.
Como alternativa para os desprazamentos entre Viveiro e Celeiro, en ambos os sentidos, poderá utilizarse a estrada LU-102, polo Pirixel.
En Celeiro tamén se producirán cortes puntuais ao paso da proba, no itinerario que vai desde a depuradora, pasando por diante da Consellería do Mar e pola Rúa do Porto, ata o Muelle Norte ou Muelle Vello.
Para facilitar a circulación, durante toda a fin de semana habilitarase un paso de dobre sentido por Rego das Frores, regulado mediante sinalización semafórica.
En canto aos garaxes situados na Travesía da Mariña, o acceso estará restrinxido o sábado 17, entre as 16:00 e as 20:00 horas, e o domingo 18, entre as 10:30 e as 12:00 horas.
O Concello recomenda á veciñanza e ás persoas que teñan previsto circular pola zona que teñan en conta estas restricións, planifiquen os seus desprazamentos e respecten a sinalización establecida.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



