Creada en 2005, a Axencia Europea de Control de Pesca dispón de 104 axentes, seis expertos orixinarios de 19 Estados, e realiza unhas 45.000 inspeccións, segundo os últimos rexistros que manexa a entidade
Vigo, 24 de abril de 2025. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, defende que Galicia e Europa continúen sumando esforzos conxugando medios materiais e humanos na consecución en materia de control e inspección da actividade pesqueira, co fin de garantir a aplicación efectiva e uniforme da Política Pesqueira Común (PPC) e o respecto á cultura do cumprimento normativo común. Así o expuxo no vixésimo aniversario da Axencia Europea de Control de Pesca (EFCA), acto ao que o responsable autonómico acudiu acompañado da delegada territorial da Xunta de Vigo, Ana Ortiz.
Precisamente, neste labor de erradicar a pesca non declarada e non regulamentada, tanto en mar como en terra, por supor un prexuízo económico para os traballadores e por en perigo a saúde dos consumidores, Galicia sempre acompañou á AECP. E faino, detallou Villares, a través do Servizo de Gardacostas, que realiza unha gran actividade inspectora contribuíndo con elo á redución da actividade ilegal na nosas rías.
Para o titular de Mar esta é a forma de promover tamén unha pesca sostible, que pasa en boa medida polo cumprimento das medidas de conservación e de xestión responsable. De aí que, durante a súa intervención, avogase por seguir traballando coordinados pola eficiencia e harmonización do control da actividade pesqueira.
Creada en 2005
Os Gobernos da Unión Europea acordaron crear a Axencia Europea de Control de Pesca (EFCA) no ano 2005, no marco da reforma de 2002, como parte do esforzo por implantar unha cultura de cumprimento no ámbito pesqueiro europeo. A súa función principal é organizar a coordinación e a cooperación entre as actividades nacionais de control e inspección para que se aplique e respecte eficazmente a normativa da Política Pesqueira Común.
Coa súa sede na cidade olívica, traballa para que os profesionais do sector participen en condicións idénticas en toda Europa de forma que todos sexan tratados de forma xusta, con independencia do lugar no que operen, obxectivo que a EFCA comparte co Goberno galego.
Conforman o cadro de persoal 104 axentes, aos que se suman seis expertos nacionais en comisión de servizo, orixinarios de 19 Estados membros da Unión Europea. Segundo os últimos datos rexistrados, realizou 45.000 inspeccións, tanto en mar como en terra, e coordinou seis plans de despregue conxunto cos Estados cos que se lograron mellorar a colaboración entre as autoridades nacionais de control e inspección e a propia Axencia.






















Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



