A formación cuestiona tamén a aprobación de preto de 100.000 euros para unha pista multideportiva sen planificación nin información previa á Corporación
O Vicedo, 30 de xullo, 2026. O Grupo Municipal Socialista do Vicedo denuncia que o Goberno local do Partido Popular bloqueou no Pleno ordinario deste mércores a moción presentada polo PSdeG para elaborar un Plan Municipal de Conservación e Mantemento dos Espazos Públicos. As socialistas explican que o PP presentou unha emenda á totalidade que impediu defender e someter a debate a iniciativa.
A voceira socialista, Verónica Canoura, criticou a actitude “autoritaria” do alcalde e as dificultades impostas para que as concelleiras do PSdeG puidesen expoñer as súas propostas, denunciando interrupcións constantes durante as intervencións. A moción reclamaba unha planificación periódica para conservar pasarelas de madeira, beirarrúas, áreas de descanso, xardineiras, bancos e o resto do mobiliario urbano, así como a licitación dun servizo regular de limpeza e desinfección dos contedores, especialmente necesario no verán.
A concelleira Lucía Prieto lamentou que o Goberno local trate de xustificar as deficiencias pola falta de persoal, cando preto do 40% do orzamento municipal se destina a este capítulo. Sinalou que se trata de actuacións básicas que o Concello debe garantir de maneira ordinaria e continuada.
As socialistas cuestionaron tamén a modificación de crédito aprobada para construír unha pista multideportiva no colexio do Vicedo, cun investimento próximo aos 100.000 euros. Critican que non tiveron coñecemento do proxecto ata a semana pasada e que a información previa apuntaba á construción dunha soleira de formigón para unha pista de calistenia, extremo que o alcalde negou no Pleno. Para o PSdeG, este investimento evidencia a improvisación do PP e a falta dunha folla de ruta clara.
O Grupo Socialista defende que os investimentos municipais deben responder ás necesidades reais da veciñanza, contar cunha planificación previa e prever recursos para o seu mantemento. “Non se trata de facer obras por facer, senón de decidir con criterio onde son máis necesarios os recursos públicos”, apuntan.
Durante o apartado de rogos e preguntas, o PSdeG reclamou a actualización do blog da Casa da Cultura, unha programación cultural estable e distribuída polas parroquias, a corrección do inventario municipal sobre a titularidade dun tramo da LU-P-6405 e que toda a Corporación sexa convidada aos actos institucionais. Preguntaron tamén pola situación do Centro de Día, polas reunións institucionais do alcalde, pola planificación para o resto do ano, polo estado do PXOM, polo reparto das lentes para observar o eclipse e pola contratación da brigada contra incendios e do servizo de socorrismo.
Finalmente, o PSdeG animou á veciñanza a comunicar ao Concello calquera incidencia nos espazos, servizos ou infraestruturas municipais. “Por moito que o alcalde tente dificultar o noso labor, seguiremos fiscalizando a acción do Goberno, presentando propostas útiles e trasladando ao Pleno as necesidades da veciñanza”, conclúen.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



