Cervo, 30 de xullo, 2026. O histórico quiosco de Juana volve formar parte da vida cotiá de San Cibrao. Tras a actuación impulsada polo Concello de Cervo para recuperar este espazo tan representativo da vila, este mediodía reabriu oficialmente as súas portas convertido nun moderno punto de información turística interactivo, mantendo intacta a esencia dun lugar que forma parte da memoria de varias xeracións de veciños e visitantes.
A rexedora destacou durante a apertura que “hoxe non inauguramos só un espazo renovado, senón que devolvemos á veciñanza un anaco da súa historia. Hai lugares que gardan recordos, conversacións e momentos compartidos, e este quiosco é un deles. Merecía seguir formando parte do presente e tamén do futuro de San Ciprián”.
García Caramés lembrou que a recuperación desta instalación foi unha prioridade para o Concello desde hai anos. “Traballamos con ilusión para atopar a oportunidade de facer realidade este proxecto e hoxe é unha satisfacción comprobar que aquel compromiso se converte nun espazo vivo, aberto e útil para quen nos visita, pero tamén para quen sempre levou este lugar no corazón”, afirmou.
A alcaldesa dedicou tamén unhas palabras de agradecemento a Juana pola súa implicación: “Nada disto sería posible sen a súa xenerosidade. A súa colaboración permitiu conservar un símbolo moi querido por todos, e é de xustiza recoñecer o papel que desempeñou durante tantos anos facendo deste quiosco un lugar único e cheo de vida”.
A actuación permitiu recuperar a imaxe característica do antigo quiosco mediante unha nova estrutura que respecta a súa identidade e o seu valor simbólico, incorporando ao mesmo tempo recursos tecnolóxicos que permiten ofrecer información turística de maneira autónoma e accesible.
O novo espazo conta con paneis e contidos interactivos, ademais dunha plataforma web accesible desde dispositivos móbiles, que permitirá aos visitantes descubrir o patrimonio, a historia, a cultura, as tradicións e os principais recursos turísticos do Concello de Cervo.
O proxecto, financiado a través do Grupo de Desenvolvemento Rural Asociación Terras de Miranda no marco do programa LEADER, supuxo un investimento de 33.750 euros e inclúe tamén contidos específicos sobre a historia do propio quiosco, a súa importancia social e o seu papel como un dos espazos máis recoñecibles da identidade de San Cibrao.
Con esta actuación, o Concello de Cervo continúa avanzando na recuperación e posta en valor do seu patrimonio material e sentimental, demostrando que conservar a memoria tamén é unha forma de construír futuro.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



