Unha iniciativa promovida polo Concello de Viveiro coa colaboración do CD CAMOVI que celebrarase os días 17 e 18 de outubro e incluirá a MIC, a 10K Cidade de Viveiro e a MIC Kids
Viveiro, 30 de xullo de 2026. O Concello de Viveiro presentou hoxe a Milla Internacional do Cantábrico (MIC), un novo evento deportivo que se celebrará os vindeiros 17 e 18 de outubro e que converterá a cidade nun referente do atletismo urbano.
Esta nova aposta do Concello de Viveiro, organizador da cita xunto ao CD CAMOVI, reunirá durante unha fin de semana a Milla Internacional do Cantábrico, a 10K Cidade de Viveiro e a MIC Kids, ademais dun programa de actividades paralelas pensado para que deportistas, familias e visitantes poidan vivir unha auténtica festa do atletismo.
A presentación serviu tamén para recoñecer ao atleta olímpico viveirense Adrián Ben, embaixador do evento.
A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, destacou que esta iniciativa vai moito máis alá dunha competición deportiva: “Este evento axudaranos a seguir posicionando Viveiro como un destino atractivo durante todo o ano, dinamizando a economía local e promovendo valores como a práctica deportiva, a vida saudable e a participación cidadá. Queremos que Viveiro sexa tamén un referente pola calidade dos eventos que organiza”.
A rexedora agradeceu o traballo realizado polo CD CAMOVI e por todas as persoas e entidades implicadas para facer realidade este proxecto, que nace coa vocación de consolidarse dentro do calendario nacional.
Pola súa banda, Adrián Ben mostrou a súa satisfacción por formar parte da iniciativa desde o seu inicio: “É un orgullo que un evento deste nivel naza en Viveiro. A MIC permitirá achegar o atletismo de elite á nosa comarca e inspirar ás novas xeracións. Estou convencido de que será unha cita que medrará ano tras ano”.
Desde a organización explicouse que a Milla Internacional do Cantábrico nace como unha marca propia para proxectar Viveiro dentro e fóra de Galicia, combinando deporte, turismo e promoción do territorio. Así mesmo, destacouse o apoio institucional recibido e o papel fundamental do voluntariado e das empresas colaboradoras para facer posible o evento.
A programación combinará competición de máximo nivel con actividades para todos os públicos, incluíndo música en directo, encontros con atletas, sinatura de autógrafos, sorteos e unha zona de meta pensada para o desfrute de corredores e visitantes.
Baixo o lema “Tres eventos. Un mesmo escenario. Unha gran cita co atletismo”, a MIC reunirá atletas nacionais e internacionais, corredores populares e centos de nenos e nenas nunha fin de semana que aspira a converter Viveiro na gran capital do atletismo urbano do norte.
As inscricións abriranse este venres 31 de xullo ás 21:00 horas a través de mic.gal e ccnorte.com. Ademais, mic.gal será a web oficial do evento, onde poderá consultarse toda a información actualizada sobre as probas, o programa completo da fin de semana, percorridos, regulamentos e todas as novidades da primeira edición da Milla Internacional do Cantábrico.




























Comezou onte ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 8 axentes, 15 brigadas, 14 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.

