Viveiro, 28 de xullo, 2026. O BNG de Viveiro cuestiona a actitude da Xunta de Galicia ao considerar que as últimas decisións de Portos de Galicia van contra os intereses da veciñanza e supoñen un cambio de criterio “sen explicación”, con efectos negativos tanto na mobilidade como nas reivindicacións sociais do municipio.
A formación lembra que durante anos Portos de Galicia foi permisivo co desenvolvemento de actividades sociais e económicas no seu dominio público, sempre que fosen compatibles coa actividade portuaria e contribuísen ao interese xeral. Porén, nas últimas semanas, o BNG considera que o organismo dependente da Xunta iniciou actuacións “difíciles de comprender” e claramente prexudiciais para Viveiro.
Entre elas, destaca o peche do acceso á zona portuaria durante o Resurrection Fest para impedir o estacionamento de vehículos, unha medida inédita ata o de agora. O BNG sostén que existían alternativas baseadas na coordinación entre administracións para compatibilizar o uso do espazo coa actividade portuaria.
Tamén critica a prohibición de que o autobús urbano realice a parada no Porto de Celeiro, un servizo que se prestaba desde abril coa liña circular Escourido–Celeiro. Portos xustificou a decisión ao considerar que se trata dunha actividade allea á actividade portuaria.
A portavoz do BNG, Iria Cotelo, asegura que “non se entende esta decisión súpeta, máis cando no porto tamén se desenvolven outras actividades, como as hostaleiras ou o servizo de taxis, que prestan un servizo ao ben común e son perfectamente compatibles coa actividade portuaria”. Lembra que a parada era especialmente útil para persoas traballadoras do porto e para mariñeiros que desembarcan cos petates, que agora deberán desprazarse a pé ata a Praza do Náufrago “sen ningunha xustificación”.
O BNG denuncia tamén a retirada das pancartas reivindicativas instaladas no valado fronte ao centro de saúde, pertencentes á Plataforma Sanitaria e á propia organización nacionalista. Cotelo afirma que “en Viveiro sempre houbo cabida para as reivindicacións sociais, que non fan mal a ninguén, agás aos intereses do Partido Popular”, e vincula a retirada das pancartas á visita de cargos do PP durante a procesión dos barcos.
A portavoz considera que “este intento do PP de silenciar o clamor social non vai impedir que a veciñanza continúe reclamando, por outras vías, unha sanidade e unhas estradas dignas”.
O BNG estende as críticas ao goberno municipal, ao que acusa de pasividade e de aliñarse sistematicamente co Partido Popular. A formación asegura que o executivo local “non buscou solucións ao problema de aparcamento durante o Resurrection Fest, intensificou as sancións, non defende a continuidade do autobús urbano, non reclama melloras para o centro de saúde e acepta unha estrada deficiente no lugar dunha verdadeira variante”.
Cotelo subliña que o máis preocupante é o cambio de actitude de Portos de Galicia: “Durante anos, con outros gobernos, Portos nunca puxo problemas. Agora que goberna o Partido Popular só vemos prohibicións que van en contra dos intereses da veciñanza”.
O BNG aposta pola colaboración entre administracións para compatibilizar a actividade portuaria coas necesidades da veciñanza, garantir servizos públicos de calidade e respectar as reivindicacións sociais. “Viveiro merece unha alcaldesa que poña por diante os intereses da súa xente, que dialogue e que non actúe como unha simple delegación da Xunta”, conclúe Cotelo.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



