O Vicedo, 27de abril de 2027. Despois de ano e medio de mobilizacións continuadas todos os meses, o pobo do Vicedo volveu sair ás rúas para demandar o cadro completo de medicxs de xeito estable, todos os días e durante a quenda completa. O colectivo “Medicos no Vicedo Xa”, formado por tecido asociativo da localidade convocou a mobilización afirmando “que non imos parar ata que se cubran as prazas de facultativxs;sabemos que temos que loitar tamén contra os intentos de desacreditación e desmobilización por parte do goberno local do Vicedo pero non nos calarán”.
Á manifestación acudiu a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña, que desde hai ano e medio ven acompañando e apoiando todasas reivindicacións do colectivo. A coordinadora da plataforma sanitaria, Montse Porteiro afirmou que a situación actual da sanidade pública e da Atención Primaria” é o resultado dun plan estratéxico para destruir a sanidade pública en favor da privatización, como así o levamos denunciando desde este colectivo desde o seu nacemento, hai xa quince anos”.
Á manifestación tamén acudiu, para apoiar ás veciñas e veciños do Vicedo, o colectivo” En Defensa dos Pacientes da Mariña “, constituído por médicxs e outros profesionais do hospital da Mariña que se están a concentrar diariamente diante do centro sanitario polas consecuencias nefastas para xs pacientes da comarca derivadas do brutal déficit de persoal no centro sanitario. María Jesús Ruiz, única dixestóloga que hai actualmente no hospital explicou que “naceron pola enorme frustración que lles produce non poder atender aos pacientes como deberan”. Afirmou tamén que se falla o nivel básico de saúde, que é a Atención Primaria desmorónase o sistema.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



