Site icon Crónica3.com A Mariña

SOS Sanidade Pública asegura que os tempos de espera nas listas do SERGAS superan os do ano 2008

Nota de prensa

A Plataforma SOS Sanidade Pública quere denunciar que as listas de espera publicadas polo SERGAS a decembro de 2010 que:

1.- Os tempos de espera, pese á maquillaxe das mesmas, superan as do ano 2008 ultimo ano do Goberno Bipartito

2.- A maquillaxe das mesmas, dado que tanto os profesionais sanitarios como os usuarios do sistema sanitario público, coñecen que moitas delas están bloqueadas en buzones onde os pacientes pasan moito tempo sen que se lles proporcione a data de intervención cirúrxica, de consulta ou de proba diagnóstica,  e non computan como tempo de espera.

3.A pesar das denuncias do PP na súa etapa de oposición, non se publicaron as Listas de Espera Non Estruturadas,  na que se atopan secuestrados miles de persoas, que non queren ser intervidos en centros privados ou por outras razóns non dependentes deles.

4.- O único centro privado que ten a responsabilidade de atender a un área sanitaria (grazas a un Concerto Singular) duplica o tempo de espera dos hospitais públicos. Esta situación , debe alertar aos cidadáns sobre os riscos para a asistencia da privatización dos novos hospitais que pretende levar a cabo o SERGAS nos novos hospitais.

Exit mobile version