Pontón defende a sanidade pública como “conquista social” e anima á mobilización cidadá fronte ás políticas “ideolóxicas” do goberno popular Santiago de Compostela, 6... Ler máis
Será o venres 12 de abril ás 12 horas coincidindo coa concentración de SOS Sanidade Pública diante do Parlamento galego A Mariña 9 de abril de 2024. A Plataforma Sanitaria da Mariña ven de c... Ler máis
O pobo encheu Compostela ateigándoa de dignidade e defendendo a sanidade que merece. “Dende o BNG de Viveiro vimos reclamando en numerosas ocasións unha mellor atención primaria na nos... Ler máis
Burela, 2 de febreiro de 2024. A Plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha gran mobilización para este domingo contra o desmantelamento da Sanidade Pública. Unha convocatoria lanzada tras... Ler máis
Viveiro, 11 de febreiro de 2023. O Concello de Viveiro súmase e apoia as reivindicacións da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública, que convocou unha nova manifestación para este domingo,... Ler máis
Ve “de sentido común” que o Tribunal Supremo cualifique de “ilegal” que ENCE continúe até o 2073 ocupando o espazo público da Ría de Pontevedra Santiago de Compostela, 6 de febreiro do 2023.... Ler máis
Compostela, 29 de novembro de 2022. A CIG fai un chamamento a participar masivamente nas mobilizacións e actos convocadas pola Plataforma SOS Sanidade Pública en cidades e vilas do país, par... Ler máis
Ribadeo, 27 de setembro, 2022. Un gran número de veciñas e veciños de Ribadeo achegouse ata o Centro de Saúde de Ribadeo para asinar a ILP de medidas urxentes para recuperar e fortalecer a A... Ler máis
Xove, luns 26 de setembro 2022. Na mañá de hoxe o BNG proseguiu na campaña de recollida de sinaturas en apoio á ILP sobre medidas urxentes para a Atención Primaria que promoven colectivos so... Ler máis
A Mariña, 29 de outubro, 2021. Desde SOS Sanidade Pública de Galiza, colectivo que aglutina a prácticamente todas as plataformas sanitarias do país, organizacións sindicais, políticas, socia... Ler máis
Nota de prensa A Plataforma SOS Sanidade Pública quere denunciar que as listas de espera publicadas polo SERGAS a decembro de 2010 que: 1.- Os tempos de espera, pese á maquillaxe das mesmas,... Ler máis
Nota de prensa CENTOS DE MARIÑAOS E MARIÑÁS PEDIRON EN COMPOSTELA UN CAMBIO DE RUMBO NA POLÍTICA SANITARIA DA XUNTA DE GALIZA A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña esixe a ma... Ler máis



















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



