Compostela, 29 de novembro de 2022. A CIG fai un chamamento a participar masivamente nas mobilizacións e actos convocadas pola Plataforma SOS Sanidade Pública en cidades e vilas do país, para mañá mércores, día 30 de novembro, en Defensa da Atención Primaria e a todo o sistema sanitario público galego, ameazado polas políticas de recortes e demantelamento da Xunta de Galiza a consellaría de Sanidade. A plataforma chama ademais a apoiar a Iniciativa Lexislativa Popular para que chegue co maior respaldo posible ao Parlamento de Galiza.
A poboación sofre importantes trabas e limitacións para acceder e ser atendida nos Centros de Saúde, PAC e Servizos de Pediatría de Atención Primaria. Soporta listas de espera de días ou semanas e consultas masificadas; o peche de PAC e centros de saúde rurais; a perda da promoción, prevención, promoción, rehabilitación e atención ás enfermidades crónicas e o abandono da participación comunitaria.
Entre mentres, o persoal dos centros de saúde e PAC esta sometido a condicións de inestabilidade e precariedade laboral e a unha enorme presión asistencial por falta de recursos.
Por iso SOS Sanidade Pública convoca á cidadanía a que demostre o seu rexeitamento ao desmantelamento do Sistema Sanitario Público e pide o seu apoio masivo á ILP na que propón que o Parlamento de Galicia debata e aprobe unha serie de medidas necesarias para por en valor a nosa Atención Primaria.
A plataforma lembra que “só a mobilización social, en alianza co persoal da sanidade pública, pode frear o deterioro da Atención Primaria”.
MOBILIZACIÓNS
– A Coruña: 20:00 horas Obelisco
– Ferrol: 19:00 horas diante Ambulatorio Fontenla Maristani
– A Mariña: 12:00 horas Centro Saúde de Burela
– Vigo: 19:00 horas fronte ao Marco, Rua do Príncipe
– Pontevedra: 19:00 horas, cruce Benito Corbal con Sagasta
– Santiago de Compostela: Praza Roxa as 20:00 horas
– O Grove: 8:00 horas a 10:00 horas diante centro de Saúde; de 10:30 a 12:30 Rúa Castelao
– Sanxenxo: Centro Saúde Baltar de 8:30 a 11:00 e Centro de Saúde Vilalonga 12:30 a 14:00
– Ribadumia: Recollida sinaturas de 10:00 a 12:00 Centro de Saúde
– Moaña: 12:00 horas fronte ao Centro de Saúde
– Ponteareas: Cacerolada as 19:00 horas na Praza Bugallal
– A Guarda: 20:00 horas na Praza Avelino Vicente
– Val Miñor: 19:00 horas Alameda Ramallosa
– Cambados: 11:30 horas diante do Centro de Saúde
– Cerdedo: convocatoria popular e aberta, ás 19:00 horas
– Arbo: 19:30 horas, na Praza do Concello
– Vilagarcía: 19:00 horas diante Centro de Saúde de San Roque
– Cee: mesa de recollida de sinaturas Praza de Marzo de 10:00h até as 20:00h.
– A Rochela: Recollida a partir das 19:00 horas e colocación de candeas no Centro de Saúde
– Condado Paradanta: Seis alcaldes da comarca exixen aplicación de medidas urxentes no seus Centros de Saúde: Ponteareas, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, A Cañiza e Salceda de Caselas
– Naron: recollida de sinaturas no centro de saúde, Rúa Camiño do Lodairo de 19:30 a 21:00h
– Seixo: Recollida sinaturas diante do Centro de Saúde de Marín a partir das 11:00h
– A Garda: Concentración na praza Avelino Vicente (As de Copas) as 20:00h
– Acto artístico- reivindicativo da plataforma do Condado e a Paradanta (Covelo, Arbo, Cañiza, Ponteareas, As Neves, Salvaterra, Mondariz, Mondariz Balneario) as 19h. na Praza Bugallal de Ponteareas.
– O Rosal: concentración as 20:00h. na Praza do Calvario.


























Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



