Suben practicamente un 10,5% con respecto a este ano grazas ao aumento da participación nos tributos do Estado en máis de 8,6M€
Lugo, 29 de novembro de 2022. O Goberno da Deputación sacou adiante este martes o Orzamento da institución provincial para o vindeiro ano 2023, que supera os 110M€, os máis altos do mandato. Sube practicamente un 10,5% con respecto aos deste ano 2022, sobre todo debido ao aumento das achegas do Estado, que medran en 8,6M€.
A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, lamentou o voto en contra do PP a uns presupostos que son “expansivos e profundamente sociais, cos que seguiremos cumprindo, con feitos, co proxecto deste Goberno para a provincia de Lugo, dende a estabilidade, o rigor e a eficacia que caracterizou todo o mandato”. “Un proxecto”, explicou, “ben definido, con dous obxectivos moi claros: achegar e mellorar os servizos públicos, sobre todo ós veciños do rural, e apoiar a economía e ós sectores produtivos”.
Na súa calidade de expansivos e investidores, a Deputada de Economía detallou que nos presupostos do 2023 as transferencias correntes aumentan nun 10,45%, os investimentos reais un 11,86% e as transferencias de capital un 45,5%.
García Bermúdez destacou ademais que o Goberno provincial ten un proxecto útil “polos obxectivos e polo grao de execución dos mesmos”, sinalando que “a media anual é dun 85% de gasto executado e o período medio de pago ós provedores sitúase hoxe en 15 días”.
Políticas Sociais
A Deputación de Lugo dedica máis dun terzo do total do Orzamento a políticas sociais, explicou Mayra García. Son 37€ -aumentando máis dun 8,1% respecto ao ano pasado e un 25% dende o inicio do mandato -, destinados a servizos sociais e benestar, igualdade, cultura, deportes, mocidade, memoria histórica, emprego ou educación.
Para manter os centros de maiores en funcionamento e para continuar avanzando cos proxectos que a institución provincial ten comprometidos con outros 9 concellos, no Orzamento do ano 2023 están contemplados preto de 11M€, un máis que neste ano 2022.
“No 2019 había tres residencias e no vindeiro ano 2023 teremos 9 residencias en marcha: en Pol, Trabada, Ribadeo, A Fonsagrada, Castroverde, Pedrafita do Cebreiro, Meira, Navia de Suarna e Ribas de Sil”, cos que a Deputación ofrece 300 prazas e mantén 230 postos de traballo, lembrou García Bermúdez, engadindo que a previsión do Goberno provincial para primeiros do ano 2023 é poñer en marcha o centro de Ribas de Sil, ademais de continuar traballando noutros proxectos que están marcha, como os da Pontenova, Portomarín, Guitiriz, Becerreá, A Pobra do Brollón, Ourol, Folgoso do Courel, Ferreira de Pantón ou Cervantes.
Reprochou a Deputada de Economía que “lamentablemente para os veciños e veciñas da provincia de Lugo, seguimos sen saber nada da Xunta de Galicia, a pesar das reiteradas ocasións nas que lles pedimos a súa colaboración”, incumprindo o mandato do Estatuto de Autonomía e da Lei de Servizos Sociais, e ignorando un modelo asistencial “que funciona, que garante a calidade e a dignidade dos nosos maiores, e que crea riqueza e emprego no territorio a través dun modelo de economía circular”. Lembrou Mayra García que o modelo provincial é referente en España, e que a institución xa acudiu a Bruxelas en tres ocasións para explicalo na Semana Europea das Rexións e Cidades.
“Cremos que o emprego é a mellor política social posible”, apuntou a responsable provincial, que anunciou que a Deputación destina 5M€ para favorecer a inserción laboral a través da formación e as axudas á contratación, a pesar de que como recordou “as políticas en materia de emprego, non son unha competencia propia nin da Deputación, nin dos concellos”.
Detallou a Deputada que o orzamento destinado a Igualdade subiu nun 185% dende o inicio do mandato e que outras partidas “destacadas para outras políticas sociais imprescindibles” son Cultura -6,6M€-, Deportes -4,1M€-, Mocidade -175.200€-, Memoria Histórica -50.000€-, ou Educación -3M€- “cos que mantemos o Centro de Formación Audiovisual, o único público desta especialidade que existe na provincia, e cos que seguiremos sendo a institución provincial de España que máis recursos aporta á Universidade pública”.
Cooperación cos concellos
No que respecta á cooperación cos concellos, “un eixo que vertebra toda a acción política deste Goberno”, García Bermúdez sinalou que “colaboramos con todos os recursos posibles, tanto humanos e técnicos, como económicos, para que os 67 concellos da nosa provincia poidan ofrecer máis e mellores servizos públicos ós seus veciños e veciñas”. O principal instrumento de cooperación da institución provincial, o Plan Único 2023, está dotado con 11M€ no Orzamento, que se elevarán ata os 21,5M€ coa incorporación de remanentes, como se fixo ata agora.
A Deputada sinalou que se trata duns recursos que “coma sempre, serán distribuídos con criterios públicos e obxectivos, e garantindo a autonomía municipal” e que dende o ano 2019, a Deputación inxectou a través desta ferramenta un total de 85,3M€ nos concellos da provincia, grazas ós que puideron acometer 1.500 obras e subministracións e cos que mantiveron 1.200 postos de traballo.
“A Deputación é unha administración fundamental para o propio funcionamento dos concellos, para que poidan prestar incluso os servizos máis básicos, tendo en conta ademais a asfixia á que nos somete a Xunta de Galicia, cando nos encomenda continuamente competencias sen transferir o diñeiro necesario para poder prestalas”, concluíu Mayra García.
Apoio aos sectores produtivos
A titular da área de Economía, Recadación e Facenda subliñou que o apoio aos sectores produtivos estratéxicos da provincia de Lugo ten un peso específico “relevante” nos Orzamentos 2023, superando os 10,5M€. “Uns recursos que destinamos principalmente ás actividades económicas que son estratéxicas para a nosa provincia, como a agrogandeira, forestal e do mar, o medio ambiente, o comercio de proximidade, a hostalería e o turismo”, detallou.
A Deputada destacou os 4M€ ao sector primario, “co que chegamos a duplicar os fondos para esta finalidade dende o inicio do mandato”; e 3,2M€ “para dar un novo impulso ó turismo de calidade, sostible e desestacionalizado que deixe valor no noso rural, un modelo polo que vimos traballando nestes últimos anos”.
En canto aos fondos para medio ambiente, suman 3,5M€ “cos que continuaremos apostando pola conservación do patrimonio natural da provincia, e, ó mesmo tempo, contribuiremos a que toda esa riqueza medioambiental sexa unha oportunidade de desenvolvemento para o sector primario e o turismo”. Mayra García destacou o proxecto do Parque Central de Galicia, “no que seguimos avanzando para poñer en valor o centro xeográfico da nosa comunidade, en Nugallás, na parroquia de San Fiz de Amarante do concello de Antas de Ulla”.
Mellora da mobilidade
O Goberno provincial demostra no presuposto que a mellora da mobilidade é unha das liñas estratéxicas da acción de Goberno. Suben un 30% o investimento en estradas, pasando dos 14,2M€ consignados no 2019 aos 18,3M€ que dedicamos no 2023. Un incremento que, segundo enumerou a Deputada “se traduce en feitos” porque en menos de catro anos, a institución provincial sacou adiante máis de 150 contratos de obra para a mellora de estradas e unhas 500 actuacións co Parque Móbil, aos que hai que sumar os “centos de obras” que os concellos puideron acometer grazas ós fondos do Plan Único.
Unanimidade sobre as novas condicións de teletraballo para o persoal
Por outra banda, a sesión plenaria deste martes aprobou por unanimidade a proposta de modificación dos acordos da Mesa Xeral de Negociación relativo, entre outras cuestións, ao regulamento de teletraballo para adaptarse á nova realidade. Unha modalidade de traballo que deberá contribuír a unha mellor organización do traballo, que poderá desenvolverse “sempre que as necesidades do servizo o permitan”, que terá que ser “expresamente autorizado”, “compatible coa modalidade presencial” e que en todo caso “terá carácter voluntario e reversible” salvo casos xustificados.




















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



