As tres reidoras mantiveron unha reunión con responsables de distribución de Correos para abordar as deficiencias detectadas no servizo que se presta nos tres concellos
Navia, 20 de agosto de 2026. As alcaldesas de Navia, Ana Isabel Fernández García; Coaña, Rosana González Fernández; e Villayón, Estefanía González Suárez, mantiveron unha reunión con responsables de Correos para trasladarlles a preocupación existente polo funcionamento do servizo postal nos tres municipios. No encontro participaron María Antonia García Mesa, xefa de reparto de Navia, e Sigifredo Fernández Manzano, xefe do sector de distribución do Occidente.
As alcaldesas expuxeron as numerosas queixas recibidas nos últimos meses por parte de veciños e veciñas relacionadas con atrasos no reparto da correspondencia, incidencias na entrega de notificacións e outras deficiencias na prestación do servizo, unha situación que adquire especial importancia nos núcleos rurais dos tres concellos.
“Para nuestros vecinos y vecinas, especialmente en el medio rural y para las personas mayores, el correo sigue siendo una herramienta esencial de comunicación y de acceso a derechos. No podemos permitir que Correos siga diversificando su actividad y dejando el correo postal en un segundo plano”, sinalaron conxuntamente as tres alcaldesas.
Durante o encontro tamén se trasladou a preocupación dos concellos pola situación dos profesionais que prestan servizo na oficina de Navia e nas carterías dependentes, ante os problemas de falta de medios, sobrecarga de traballo e organización do servizo que veñen manifestándose. “Después de dos jubilaciones, las plazas no han sido debidamente cubiertas y, por lo tanto, no solamente implica una deficiencia en el servicio postal de Navia, sino también para los de las zonas rurales”, indican as reidoras.
As tres alcaldesas coinciden na importancia de preservar un servizo postal público eficaz e accesible, especialmente no medio rural, onde Correos desempeña un papel esencial para garantir a igualdade no acceso a servizos básicos. “Es obligación de Correos garantizar el Servicio Postal Universal y mantener un servicio público de calidad, con los medios humanos y materiales necesarios para atender adecuadamente a la población, algo que no está sucediendo”, asegura a alcaldesa de Navia.
O encontro permitiu poñer enriba da mesa as distintas incidencias detectadas e trasladar directamente aos responsables de Correos unha problemática que afecta tanto a particulares como a empresas e administracións.
Os concellos de Navia, Coaña e Villayón manterán o seguimento da situación, co obxectivo de que se adopten as medidas necesarias para mellorar o funcionamento do servizo e garantir unha atención axeitada á cidadanía, independentemente do seu lugar de residencia.





















A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.



