A Mariña, 29 de outubro, 2021. Desde SOS Sanidade Pública de Galiza, colectivo que aglutina a prácticamente todas as plataformas sanitarias do país, organizacións sindicais, políticas, sociais e profesionais convocouse unha manifestación en Santiago o próximo día 14 de novembro ás 12 horas, con saída desde a Alameda. Esta convocatoria responde ao lema “Salvemos a atención primaria:en defensa da sanidade pública”.
Esta Plataforma forma parte tamén do comité organizador da mobilización, polo que apoiamos e adherímonos a esta convocatoria de defensa da sanidade pública, que nesta ocasión poñerá máis énfase sobre a Atención primaria polos recortes aos que a ten sometida o goberno da Xunta desde hai 12 anos, e acrecentado aínda máis desde a pandemia .
O que está a acontecer na Primaria ten como responsable ao goberno da Xunta e a Consellería de Sanidade, polas súas políticas conducentes ao desmantelamento da sanidade pública:
– 12 anos de xubilacións de profesionais e contratacións en precario que levan ao ÉXODO de profesionais cara a outros lugares onde os contratos son estábles.Mais a Consellería pecha os ollos e non toma medidas.
– 12 anos de recortes nos orzamentos destinados a Atención Primaria.
– 12 anos sen escoitar aos prefesionais e sindicatos que denunciaban a situación e esixían condicións dignas de traballo.
– 12 anos negándose a incorporación de novas categorías .profesionais para garantir unha atención sanitaria integral.
– 12 anos mentindo e decindo que o seu modelo sanitario era impecable, mentres facía auga por todas partes . Sólo gracias aos esforzos titánicos dxs profesionais , que responde con responsabilidade ao maltrato das xerencias e goberno.
12 anos desde que se tirou por terra o ambicioso Plan de Mellora de Atención Primaria polo mero feito de que non era un plan do PP e porque no seu “directorio” só está a privatización.
Pois chegou o momento en que a sanidade pública , e nomeadamente a Atención Primaria rebentou con graves consecuencias para os pacientes. Chgegou por tanto o momento de que galegas e galegos, mariñás e mariñaos paremos esto e digamos que xa abonda , que queremos rematar con:
-As colas para entrar no Centro de Saúde
– Ter que facer múltiples chamadas para poder conectar co centro de saúde.
-As listas de agarda de varios días en Atención Primaria, feito que entra en contradicción coa conceptualización da Primaria , que colapsa PACS e servizos de urxencias e que favorecen a privatización da sanidade, creando profundas desigualdades.
-A consulta telefónica e telemática como eixo da asistencia en detrimento da atención presencial.
– Os recortes en persoal e á situación de inestabilidade e precariedade laboral do persoal dos centros de saúde.
Na Mariña a situación é aínda máis grave porque a maiores eliminouse a Área Sanitaria, convertíndonos nun distrito sanitario. Esto supuxo a perda de autonomía asistencial, con dependencia cada vez maior da macroárea da capitalaumentando case de xeito exponencial as derivacións á capital, a máis de cen quilómetros por unhas estradas similares ás de hai cincuenta anos. Moitas destas derivacións fanse aos hospitais privados, en mans de empresas amigas de Feixoo. Estes hospitais forman parte das futuras portas xiratorias dos que hoxe gobernan Galiza.
Queremos que a Atención Primaria teña uns orzamentos que supoñan o 25% dos orzamentos sanitarios.
Precisamos máis persoal para que a atención sanitaria sexa de calidae.
É necesario un novo modelo de Atención Primaria, un modelo que reconstrúa o sistema sanitario desde a base.
Por eso chamamos a todos e todas as veciñas da Mariña a que acudan masivamente á manifestación do domingo 14 de Novembro en Santiago, pois a presión social é a unica forma de facelos desistir das súas intencións.
Haberá autobuses gratuitos. Para anotarse pódesechamar aos teléfonos 982 140 654, 982 586 158 e 667 052 058. O último día para anotarse é o día 11 de novembro.
Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña tamen queremos anunciar que diversos integrantes do colectivo desplazaranse pola comarca para realizar diversos actos de información e recollida de sinaturas, de xeito que o proximo día 4 estaremos en Ribadeo, o día 9 no Hospital e o día 10 en Viveiro. Nos vindeiros días informaremos dos lugares e a hora dos actos.
A plataforma estará en diversos centros sanitarios recollendo sinaturas de apoio á manifestación.
Estes actos consistirán na colocación dunha mesa informativa onde se explicará a veciños e veciñas os motivos que xustifican a realización da mobilización ao tempo que recollerá sinaturas de apoio. O primeiro dos actos será o xoves día 4 de novembro diante do Centro de Saúde de Ribadeo, ás 11 horas.
Continuaremos o martes día 9 co segundo dos actos diante da entrada principal do Hospital da Mariña, ás 12 horas. O último dos actos antes da manifestación será o mércores 10 de novembro diante do Centro de Saúde de Viveiro, ás 11horas.
Lembramos tamén que haberá autobuses gratuitos para desplazarnos a Santiago. Para anotarse basta con chamar aos teléfonos 982140654, 982581861 e 667052058. O último día para anotarse é o día 11 de novembro.
Desde o colectivo animamos a mariñás e mariñaos a que acudan de xeito masivo a Compostela o día 14 de novembro a defender a sanidade pública e a atención primaria, pois a loita é a única forma de mudar as cousas.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



