Nota de prensa
O PP edita un boletín informativo municipal afirmando que Burela vén de perder catro anos.
* Afirman que presentarán un equipo compacto e un programa coherente.
* Os populares aseguran que “os bipartitos xa foron rexeitados polos galegos hai dous anos”.
Burela, 18 de marzo de 2011.- O Partido Popular (PP) de Burela vén de presentar un boletín informativo no que se avanza o compromiso dos populares cos veciños e veciñas de Burela, un resume do traballo que levaron a cabo nestes catro anos, e un balance da actuación do bipartito centrado no falla de traballo do alcalde e do bipartito, da nula confianza que inspiran, e no despilfarro que se tén levado a cabo nestes anos. Aseguran que o modelo de bipartito que se da en Burela xa foi rexeitado polos galegos hai dous anos.
O boletín informativo foi presentado a través dun reparto feito entre os visitantes do mercado semanal dos venres.
En contraposición a esta situación, o PP anuncia un equipo unido e compacto, no que cada un dos seus membros vai saber perfectamente que é o que tén que facer. Ademais, anuncia un programa realista e sobre de todo cohesionado, mui lonxe dos compartimentos estancos do bipartito actual.
Os populares farán unha distribución porta a porta, para completar deste xeito a serie de reunións que teñen levado a cabo con colectivos e asociacións, e tamén con veciñas e veciños polos distintos barrios de Burela.
O PP publicará en abril un novo boletín informativo no que avanzará as súas grandes liñas do programa para os próximos catros anos.