Nota de prensa
O PP edita un boletín informativo municipal afirmando que Burela vén de perder catro anos.
* Afirman que presentarán un equipo compacto e un programa coherente.
* Os populares aseguran que “os bipartitos xa foron rexeitados polos galegos hai dous anos”.
Burela, 18 de marzo de 2011.- O Partido Popular (PP) de Burela vén de presentar un boletín informativo no que se avanza o compromiso dos populares cos veciños e veciñas de Burela, un resume do traballo que levaron a cabo nestes catro anos, e un balance da actuación do bipartito centrado no falla de traballo do alcalde e do bipartito, da nula confianza que inspiran, e no despilfarro que se tén levado a cabo nestes anos. Aseguran que o modelo de bipartito que se da en Burela xa foi rexeitado polos galegos hai dous anos.
O boletín informativo foi presentado a través dun reparto feito entre os visitantes do mercado semanal dos venres.
Para os populares, Burela vén de perder catro anos, porque non se sabe quen manda máis, nin con quen hai que falar, se o alcalde ou a tenente de alcalde; e tampouco se sabe que programa están usando para gobernar, se o do PSOE ou do BNG. Tanto é así, que nunca teñen feito un balance de cumplimento do seu programa de goberno, proba de que non existe.
En contraposición a esta situación, o PP anuncia un equipo unido e compacto, no que cada un dos seus membros vai saber perfectamente que é o que tén que facer. Ademais, anuncia un programa realista e sobre de todo cohesionado, mui lonxe dos compartimentos estancos do bipartito actual.
Os populares farán unha distribución porta a porta, para completar deste xeito a serie de reunións que teñen levado a cabo con colectivos e asociacións, e tamén con veciñas e veciños polos distintos barrios de Burela.
O PP publicará en abril un novo boletín informativo no que avanzará as súas grandes liñas do programa para os próximos catros anos.