A Vicepresidencia da Deputación colabora na organización da feira, que contará tamén con degustación de hamburguesas de poldro de Pura Raza Galega
Riotorto, 12 de setembro de 2025. A Asociación de Veciños da Augaxosa, en Riotorto, organiza este sábado -13 de setembro – a súa feira de gando, que celebran coincidindo coas festas patronais para manter a tradición dos mercados gandeiros documentados nesta localidade riotortense desde, cando menos, o século XVIII.
A feira cabalar, que comezará as 9.30 horas coa participación de ganderías da zona, acompañarase este ano dunha mostra de animais de razas autóctonas, com presenza de vacún de razas cachena, caldelá e vianesa, ovella galega e galiña de Mos.
O recinto contará tamén con demostracións de cestería e tornería, postos de venda de alimentación, artesanía e textil, animación musical, cun pasarrúas a cargo de Gaiteiros da Augaxosa e unha sesión vermú co Trío Karma, ademais de casetas de polbo e churrasco para xantar.
A feira de Augaxosa conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo que achegará 3.000 euros á organización, amplíando a súa rede de colaboración coas feiras cabalares que se celebran na provincia, e especialmente na Mariña interior, poñendo em valor esta tradición gandeira ligada ao territorio.
O deputado de Rural Daniel García, que visitou recentemente a Augaxosa, recoñeceu “o traballo da organización e da veciñanza para dar continuidade á feira como sinal de identidade e por impulsar ao longo do ano actividades que favorecen o encontro e a convivencia”
Un gusto de rural, un rural degusto
A feira de gando contará tamén cunha degustacion de hamburguesas de carne de poldro de Pura Raza Galega, incluída no programa de promoción de razas autóctonas galegas Un gusto de rural, un rural degusto da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A Asociación de Criadores de Pura Raza Galega -Puraga -, unha das asociacións gandeiras que colaboran nesta iniciativa, encargarase de elaborar as hamburguesas que se ofrecerán, gratuitamente, desde ás 12.30 horas.


























O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



