Mondoñedo, 12 de setembro de 2025. O Concello de Mondoñedo presentou a celebración das EXTRA XVIII Xornadas do Peregrino “Abrindo Camiño”, que terán lugar o luns 15 de setembro cunha xornada especialmente dedicada á mestra galego-cubana Andrea López Chao, destacada figura do galeguismo no exterior.
A programación inclúe unha romaría popular na rúa que leva o seu nome, xogos tradicionais, torneo da chave, actuacións musicais, pasarrúas e a inauguración oficial da rúa Andrea López Chao, que culminará cun acto institucional no Auditorio Municipal “Pascual Veiga” e coa preestrea da mediametraxe documental Andrea López Chao: O legado dunha mestra galega en Cuba. Ademais, nesta edición o público poderá gozar da foodtruck de Galicia Sabe Amar, que ofrecerá produtos pesqueiros dos portos galegos ao longo da tarde.
A tenente de alcalde, Ángeles Rodríguez, destacou que estas xornadas “son unha oportunidade para honrar a memoria dunha muller que fixo historia e que levou o nome de Galicia moi lonxe, ao tempo que reforzamos a identidade de Mondoñedo como cidade de encontro, cultura e acollida”. Engadiu que esta programación “combina música, tradición, gastronomía e memoria, e invita a veciños e visitantes a gozar dunha xornada festiva e de convivencia”.
A organización conta coa colaboración do Concello de Mondoñedo, a Asociación Abrindo Camiño, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e distintas entidades e colectivos.
O Concello anima a toda a cidadanía a participar nesta xornada especial e a compartir unha homenaxe que quere manter viva a pegada de Andrea López Chao para as novas xeracións.



























Arxentina de nacemento e viveirense de corazón, retomou en Galicia a súa vocación artística e atopou na escultura a súa forma de expresión. A súa obra céntrase en figuras humanas cargadas de emoción, en soidade ou en relación cos outros. A exposición reúne pezas seleccionadas e premiadas en certames de Madrid, Barcelona, Valdepeñas e Florencia nos últimos oito anos, que agora regresan —como a súa autora— á casa. Poderá visitarse ata o 29 de agosto.
Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano. A proba discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente.
A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
As reservas poderán realizarse por teléfono, chamando ao 982 560 162, ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.gal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro entradas. Desde o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a asistir a esta representación e lembra que as reservas se atenderán a partir da apertura do prazo.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.



