A biblioteca de Masma, creada a través do Voluntariado Senior, estase a facer pequena Mondoñedo, 30 de outubro, 2025. Na maña deste mércores a concelleira Ángeles Rodríguez visitou a bibliot... Ler máis
Mondoñedo, 12 de setembro de 2025. O Concello de Mondoñedo presentou a celebración das EXTRA XVIII Xornadas do Peregrino “Abrindo Camiño”, que terán lugar o luns 15 de setembro cunha xornada... Ler máis
A programación inclúe tres cursos impartidos por profesionais referentes no sector, ademais de espectáculos, obradoiros e outras actividades abertas ao público que se desenvolverán en difere... Ler máis
Mondoñedo, 29 de Xullo de 2024. O campamento de verán de Mondoñedo ‘Pequesmondo’ que se celebra en Mondoñedo dende o 1 de Xullo ó 6 de setembro, cofinanciado a través do PLAN COR... Ler máis
Mondoñedo 12 de Xullo do 2024. Reunidos na casa Consistorial déronse cita a Garda Civil, coordinador de protección civil, José Otero , policía local, a tenente de alcalde, Dª Mª Angeles Rodr... Ler máis
Os orzamentos contemplan o mantemento de servizos públicos básicos e recollen, dende a prudencia, actuacións nas distintas parroquias priorizando aquelas de maior necesidade” Mondoñedo, a 4... Ler máis
O goberno local explica que “o Concello debería achegar 64.000 euros, pero como o Ministerio non actualizou as cantidades coa suba dos prezos, agora tería que aportar preto de 120.000 euros... Ler máis















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



