O Salón de Actos dos Chaos acollerá os días 18 e 19 de setembro dúas xornadas gratuítas sobre o aproveitamento das augas de interior para a promoción do territorio, nunha actividade que se enmarca na programación do proxecto Turembalses
Lugo, 8 de setembro de 2025. A Deputación de Lugo, no marco do proxecto Turembalses, vén de abrir o prazo de inscrición para participar no I Congreso de Turismo de Embalses de España que se celebrará os días 18 e 19 de setembro no Salón de Actos dos Chaos da Fonsagrada. Dúas xornadas gratuítas sobre o aproveitamento das augas de interior para a promoción do territorio que estarán dirixidas a profesionais, xestores, entidades e administracións.
Participar será gratuíto e haberá que inscribirse, antes do 12 de setembro, a través do formulario https://forms.gle/Afy3sh79wFXe583R7. Na cita, abordaranse cuestións clave como a potencialidade do turismo de embalses, gobernanza e xestión sostible dos encoros como recurso turístico, dixitalización e calidade da oferta, oportunidades de negocio e cooperación entre territorios, e retos e oportunidades. A secretaría técnica do congreso estará dispoñible para resolver calquera dúbida a través do correo electrónico turembalses@sityconsultores.com e tamén nos teléfonos 661 920 098 e 699 886 696.
Turembalses é unha iniciativa colaborativa que, ademais da Deputación de Lugo, impulsan a Deputación de Cáceres, Badajoz, Femembalses, ADI Sierra Oeste de Madrid, a mancomunidade Valle Norte de Lozoya e a asociación Navarra Tierras de Iranzu co obxectivo de promocionar os embalses e as augas de interior como destinos turísticos sostibles, innovadores e motores do desenvolvemento rural en España.
No marco de este proxecto, a Deputación de Lugo organizou este verán Encoro Aventura, un programa de actividades gratuítas nas presas da provincia que foi un éxito de participación. Deportes acuáticos, BTT, sendeirismo científico e literario, astronomía, música ou enoturismo foron as propostas nas que puideron participar 140 persoas.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



