Nota de prensa
O CONCELLO CONMEMORARÁ O DÍA MUNDIAL DA AUGA REPARTINDO PERLIZADORES ENTRE OS VECIÑOS PARA REDUCIR O SEU CONSUMO. HORACIO CUPEIRO TAMÉN ANUNCIOU A CELEBRACIÓN DE ACTOS NOS COLEXIOS DURANTE A SEMANA FORESTAL MUNDIAL.
Ribadeo, 18 de marzo de 2011. O Concello conmemorará o día mundial da auga repartindo perlizadores entre os veciños para reducir o seu consumo. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, tamén anunciou a celebración de actos nos colexios durante a semana forestal mundial.
Cupeiro contou que “dentro duns días celebraremos cos alumnos dos colexios a semana forestal mundial e o día da auga. Neste acto, que facemos todos os anos co ánimo de incitar aos nenos a unhas pautas de comportamento responsable co entorno, prantaremos unhas árbores e ímoslles ensinar a facer inxertos e a prantar semilleiros”. Estes actos están previstos para o 24 de marzo.
O edil nacionalista lembrou que “o día 22 celebráse tamén o día da auga, o ano pasado xa entregamos perlizadores e reductores de presión aos veciños que pasaron a recollelos pola nosa delegación co fin de animalos a reducir o consumo da auga”. O Concello entregará nesta ocasión 100 perlizadores e 100 reductores aos veciños que os soliciten. Horacio Cupeiro manifestou que “hai un mes saiu publicada a nova lei de augas de Galicia, que penalizará o consumo irracional da auga como así indica a directiva marco da Unión Europea, que xa debería ser aplicada desde o ano 2005 e que costou moito esforzo sacala adiante. É unha lei bastante complexa e que si nós miramos as facturas dentro de ben pouco tempo comprobaremos que a taxa a pagar váise ver incrementada de xeito substancial si abusamos de deixar o grifo aberto sistemáticamente”. Cupeiro pídelles aos veciños de Ribadeo “un esforzo máis á hora de loitar polo aforro de auga e para evitar a contaminación dos acuíferos, dos ríos, lagos ou mares. A lei non só vai penalizar o consumo, senón que o fará polo dano que lle estamos a facer ao medio ambiente. Con comportamentos responsables a nosa conciencia estará máis tranquila de facer as cousas ben e realmente aforraremos a auga, como debe ser”.
O concelleiro de Medio Ambiente anunciou que “ademáis imos entregar tamén 1.000 embudos para poder facilitar a reciclaxe do aceite usado de cociña. A cidadanía debe saber que cada litro de aceite tirado polo fregadeiro contamina 1.000 litros de auga e despois iso vai unha depuradora”. Horacio Cupeiro subliñou que “ese aceite reciclado nos diferentes contedores que temos instalados polo concello se poderá utilizar como biocombustible, que despois se mezcla gasoil e se utiliza nos coches ou noutros fins para producir enerxía”





















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



