Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide que a Xunta cuantifique o investimento do goberno galego tras o afundimento do Celeiriño

O IGVS achegou unha importante cantidade de diñeiro destinada a dar unha solución de urxencia ás familias cuxos fogares quedaron inhabitables, factura que agora deberá reintegrar a empresa causante dos danos xa que non corresponde asumila ao conxunto dos galegos

BALSEIRO PIDE NO PARLAMENTO DE GALICIA QUE A XUNTA CUANTIFIQUE O INVESTIMENTO ACHEGADO POLO GOBERNO GALEGO TRAS O AFUNDIMENTO DO CELEIRIÑO

 O deputado popular pregunta se a Xunta ten constancia da presentación por parte do Concello de Viveiro da reclamación xudicial contra a empresa causante dos danos ao obxecto de recuperar o diñeiro público empregado e, en caso negativo, das razóns polas que o Executivo local demora esta decisión.

Santiago, 08 de maio de 2012.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, Jose Manuel Balseiro Orol, rexistrou unha iniciativa na Cámara galega na que pide á Xunta que cuantifique o dinero público achegado polo Goberno galego tras o derrubo do barrio do Celeiriño, en Viveiro.

O parlamentario mariñán lembra que a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), achegou unha importante cantidade de diñeiro destinada a dar unha solución de urxencia ás familias cuxos fogares quedaron inhabitables, todo iso a pesar de que a responsabilidade polos danos causados correspóndelle satisfacela á empresa causante dos mesmos e non ao conxunto dos galegos.

SEN INTERESE POR RECUPERAR O DIÑEIRO PÚBLICO

Balseiro Orol tamén explica que malia as múltiples xestións e ofrecementos públicos do IGVS amosando a súa total disposición para colaborar co concello de Viveiro ata o momento -que teña transcendido- atopuse coa falta de interese do Goberno municipal por dar unha solución esta cuestión e por iniciar os trámites oportunos para recuperar o diñeiro público empregado.

INDEMNIZACIÓNS PENDENTES

Segundo Balseiro cando pasan máis de catro anos despois do acontecido aínda está pendente a resolución dun acontecemento que produce un lóxico desacougo entre a veciñanza, respecto do futuro das vivendas en risco de derruba, respecto da achega das indemnizacións correspondente e respecto do reintegro das cantidades desembolsadas pola Xunta de Galicia e polo Concello de Viveiro para compensar de urxencia os danos producidos.

É por iso polo que Balseiro tamén pregunta, na súa iniciativa parlamentaria, se a Xunta ten constancia da presentación por parte do Concello de Viveiro da reclamación xudicial contra a empresa causante dos danos ao obxecto de recuperar o diñeiro público empregado e, en caso negativo, das razóns polas que o Executivo local demora esta decisión.

Balseiro lembra finalmente que o 28 de setembro de 2009 o Pleno do Concello de Viveiro acordou, por unanimidade pedir ao alcalde que adoptara as accións legais que se estimasen necesarias para obter do causante dos danos as indemnizacións correspondentes

Exit mobile version