Site icon Crónica3.com A Mariña

Ramón Blanco, poeta e ex-profesor do IES Perdouro de Burela, impartiu no centro unha conferencia sobre Francisco Añón

O luns 26 de novembro Ramón Blanco, poeta e ex-profesor do centro, visitou o IES Perdouro de Burela onde impartiu unha conferencia sobre Francisco Añón ploa mañá e representou unha performance poética pola tarde.

Ramón Blanco naceu en Outes en 1979 e traballou no sector na edición e como xornalista editorial.

Como poeta, veu presentar ao alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato o seu novo poemario Emily on the road . Agasallou o público cun recital dalgún das súas composicións con acompañamento musical en directo e coa presentación dalgunhas das imaxes publicadas no libro, unha posta en escea do máis peculiar.

Ademáis como tamén é ensaísta achegou a alumnado de Bachareato á vida e á obra de Francisco Añón tratadas nunha antoloxía comentada por el mesmo e publicada na colección Clásicos da editorial Galaxia co gallo de celebrar o bicentenario do nacemento de Añón.

Exit mobile version