O luns 26 de novembro Ramón Blanco, poeta e ex-profesor do centro, visitou o IES Perdouro de Burela onde impartiu unha conferencia sobre Francisco Añón ploa mañá e representou unha performance poética pola tarde.
Ramón Blanco naceu en Outes en 1979 e traballou no sector na edición e como xornalista editorial.
Como poeta, veu presentar ao alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato o seu novo poemario Emily on the road . Agasallou o público cun recital dalgún das súas composicións con acompañamento musical en directo e coa presentación dalgunhas das imaxes publicadas no libro, unha posta en escea do máis peculiar.
Ademáis como tamén é ensaísta achegou a alumnado de Bachareato á vida e á obra de Francisco Añón tratadas nunha antoloxía comentada por el mesmo e publicada na colección Clásicos da editorial Galaxia co gallo de celebrar o bicentenario do nacemento de Añón.