“O servizo de Madrugadores chega ao rural e nas próximas datas abrirá o novo Punto de Atención á Infancia”, asegura Marta Rouco
Vilalba, 16 de setembro de 2025. O Concello de Vilalba reforza e consolida os servizos de xestión municipal que presta nos centros educativos no curso 2025/26 que comeza hoxe.
Entre as principais novidades, destaca que o servizo de Madrugadores chega por primeira vez ao rural e a apertura nas próximas datas do novo Punto de Atención a Infancia (PAI), con 20 prazas gratuítas de cero a tres anos. “Eran dúas demandas das familias de Vilalba que son unha realidade este curso, favorecendo a súa conciliación para que queden a vivir aquí e impulsando políticas que melloran a vida diaria das persoas”, asegura a alcaldesa, Marta Rouco.
O Concello de Vilalba destina un millón de euros a xestionar de forma directa servizos nos centros educativos, “unha prioridade para o goberno local, pero tamén outro exemplo de que o concello asume excesivas competencias impropias que lle deberían corresponder á Xunta, xa que ten as competencias en materia de ensino”, engade Rouco.
O concello xestiona o citado servizo de Madrugadores en todos os centros de Infantil e Primaria de Vilalba (110 prazas a día de hoxe).
Nas parroquias, xa está operativo no CEIP Terra Chá e o concello ofreceuno tamén no CEIP Monseivane, aínda que polo de agora non se presta por falta de demanda.
O concello ofreceu tamén aumentar o número de prazas do servizo de Madrugadores nos CEIP Mato Vizoso e Ínsua Bermúdez, pero os centros non dispoñen de espazo para o incremento.
“De cada ao vindeiro curso, estudaremos de novo a ampliación no Mato Vizoso e o Ínsua Bermúdez, e volveremos ofrecelo no Monseivane”, apunta Rouco.
“Tamén son de xestión municipal o comedor da Escola de Educación Infantil e a Escola Infantil Municipal”, explica Paula Vigo, concelleira de Ensino de Vilalba.
Á marxe destes servizos, o Concello de Vilalba destina, entre outras partidas, 70.000 euros ao convenio co Consorcio Galego de Benestar por ter unha escola infantil Galiña Azul en Vilalba, e asume o custo da limpeza e a conserxería de todos os centros (500.000 euros anuais), nos que tamén realiza as tarefas de mantemento.
Por último, onte publicouse a concesión por parte do Concello de Vilalba de 121 axudas de material escolar para o alumnado de Educación Infantil.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



