Os populares lembraron que “a postura da esquerda sobre o proxecto de Altri non sempre foi a mesma: antes das eleccións ao Parlamento de Galicia aplaudían”
Lugo, 16 de setembro de 2025. Os representantes do PP lucense no Congreso -Jaime De Olano- e no Senado -José Manuel Barreiro- aclararon, en relación ás propostas de Sumar e do BNG, que “piden ao Goberno central que faga o que non lle corresponde” e, incluso, “que prevarique”.
Os populares criticaron que “a esquerda queira que sexan os políticos os que establezan os obxectivos medioambientais. Iso sería prevaricar. Que decidan os políticos en función de se lles gusta ou non, non é serio”, como dixo Barreiro que defendeu “a transparencia e o rigor dos informes técnicos que o avalan”.
Pola contra, o que defende o Partido Popular e a Xunta de Galicia é que “sexan os técnicos os que valoren se os proxectos cumpren a normativa medioambiental”. Nese sentido, De Olano subliñou que “todos os informes son favorables. Non teñen un só reproche da Unión Europea”.
Así mesmo, afearon que o BNG “cuestione o papel dos funcionarios en xeral e, en particular dos 40 técnicos da Xunta, sen vinculación política, que informaron con arranxo ao que marca a lei”, segundo subliñou o senador. Piden que decida os políticos en función de se lles gusta ou non. Non é serio”.
Ambos lembraron que a postura da esquerda en relación a Altri non sempre a mesma. “Todos os grupos de esquerdas que agora critican o proxecto antes das eleccións ao Parlamento de Galicia non facían senón aplaudir”, apuntou De Olano. Barreiro citou, máis concretamente, casos de alcaldes do BNG e do PSOE. “O alcalde de Ribadeo -daquela do BNG- e das Pontes -do PSOE- pedían que fora para os seus municipios. Daquela valíalles”.
SÁNCHEZ E OS “SOSPEITOSOS HABITUAIS” DE FACER DANO A GALICIA
De Olano incidiu dende o Congreso en que “o bloque de esquerdas -BNG, PSOE e Sumar – aparece cando se lle pode facer dano a Galicia. Da igual que falemos de industria, de medio ambiente, de financiamento autonómico ou de transportes. Son os sospeitosos habituais de facer dano a Galicia”.
E desmentiu os bulos da esquerda. “Con Altri non se vai fabricar pasta de celulosa para fabricar papel; senón fibra téxtil -concretamente lyocell- cuxo proceso é moito menos contaminante que o da fabricación de papel, xa que recicla case o 99% dos químicos”, apuntou. E, así mesmo, indicou que o proxecto gamma “usará o excedente de madeira dispoñible para a corta que non está sendo aproveitado actualmente”. Polo tanto, “non hai eucaliptización”.
De Olano incidiu en que “o proxecto depende unicamente do Goberno de Pedro Sánchez tanto pola necesaria conexión á rede de transporte a través dunha nova subestación tanto como pola axuda pública que se lles puidera outorgar a través de fondos europeos. E afea que “a esquerda nos quere negar aos galegos fondos europeos” e, nese caso, “o único responsable será o Goberno de Pedro Sánchez e os sospeitosos habituais da esquerda”.
En relación ao referendo sobre Altri que pide Sumar, o popular lembrou os resultados das europeas xusto despois de coñecer o proxecto. En Palas de Rei, onde está prevista a súa instalación, o Partido Popular posou dun 48,88% en 2019 a un 60,22% no 2024. Sumar contou cos votos de 5 veciños.
“Se queren referendo, falen con Sánchez e que convoque eleccións e os galegos, como sempre facemos, apoiaremos aos que queren o progreso da nosa terra e non aos sospeitosos habituais que só queren facerlle dano”, subliñou.
BARREIRO: “O BNG EN MADRID DEFENDE O CENTRALISMO”
O senador José Manuel Barreiro destapou durante a súa intervención na Comisión de Industria “a dobre cara do BNG: di unha cousa en Galicia e outra en Madrid. Descubrirmos que é centralista ao pedir ao Goberno central que revise con detalle a proposta”. Ao respecto, o senador popular sostivo que “ata agora neste país respectouse o marco competencial de cada CC.AA.”.
Barreiro tamén lembrou que “o BNG está en contra de todo”. Pero “por iso está onde está en Galicia”.
PROXECTO VINCULADO Á INDUSTRIA FORESTAL E TÉXTIL
Ambos representantes do PP lucense nas Cortes Xerais defenderon que “o proxecto de Altri convertería a Galicia e a España nun referente a nivel europeo na fabricación de fibra téxtil” apuntando a vinculación da industria forestal e téxtil con Galicia.
Trátase “dun proxecto innovador que fomenta a economía circular coa incorporación do reciclaxe de residuo téxtil a gran escala minimizando a pegada de carbono e o impacto ambiental”.
Ademais, “aportaría 9.000M€ ao PIB de España e 7.500M€ ao de Galicia en 20 anos, crearía 500 empregos directos e 3.700 indirectos e por cada euro mobilizado, xeraría 3 en Galicia”, como destacou De Olano.



















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



