O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que esta semana rematan os traballos nos últimos 12,6 quilómetros que quedaban entre Xustás e Moncelos, aos que se destinaron 1,5M€
Cospeito, 17 de setembro de 2025. A Xunta de Galicia culmina esta semana a rehabilitación do firme en todo o trazado da estrada autonómica LU-113 ao finalizar os traballos no último tramo que quedaba pendente, 12,6 quilómetros entre Xustás (Cospeito) e Moncelos (Abadín).
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe o resultado das obras e explicou que só resta o repintado dalgunhas marcas viarias que se acometen estes días. Subliñou que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas leva investidos máis de 5,5 millóns de euros nas últimas catro anualidades para completar o acondicionamento da vía, dos que 1,5 millóns corresponden á intervención actual.
Arias destacou que a LU-113, con algo máis de 30 quilómetros, é unha das principais conexións da provincia coa cornixa cantábrica, enlazando a estrada N-640 en Rozas (Castro de Rei) coa autovía A-8 en Abadín. Procedeuse á reparación do firme, aplicación dunha nova capa de rodadura e renovación da sinalización en toda a súa extensión.
“A Xunta -afirmou o delegado- inviste na conservación das estradas da súa titularidade para ofrecer aos usuarios as mellores condicións de confort e seguridade”. Ao respecto, engadiu que este ano destínanse 68 millóns de euros a este fin.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



