“O novo contrato inclúe a adquisición dun total de 11 vehículos, ademáis da renovación da totalidade dos colectores e papeleiras”, lembra a alcaldesa, Marta Rouco
Vilalba, 17 de setembro de 2025. O Concello de Vilalba conta desde hoxe con cinco novos vehículos para mellorar o servizo de recollida de lixo e limpeza viaria.
O novo contrato de recollida e limpeza, que entrou en vigor a principios de ano, contempla a adquisición de 11 vehículos (cinco para a recollida de residuos e seis para a limpeza viaria), ademáis da renovación da totalidade dos colectores e papeleiras.
Nas presentación dos cinco primeiros vehículos, estiveron a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco; o concelleiro de Servizos, Eduardo Vidal; o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández, e representantes da empresa FCC e a UTE Vilalba Limpo.
“Hoxe damos un paso importante na posta en marcha do novo contrato de recollida e limpeza, cunha aposta clara pola nosa parte para mellorar o servizo tanto no casco urbano como nas parroquias, adaptándoo a realidade actual de Vilalba e dando resposta ás demandas veciñais”, asegura a alcaldesa, Marta Rouco.
Xa forman parte do servizo dous camións co sistema de recollida de carga traseira, cunha elevada maniobrabilidade e elevada carga específica, especialmente pensados para a recollida de residuos na zona rural.
O seu tamaño permite acceder a toda a rede de camiños municipal, facendo máis áxil o servizo de recollida.
Os outros tres vehículos son para a limpeza viaria. Por unha parte, unha barredora de beirarrúas de alta capacidade, o modelo máis recente do mercado, equipada con terceiro cepillo, insonorizada e con sistema de recirculación de aforro de auga.
A barredora ten o tamaño máis adecuado para o entramado viario de Vilalba, permitindo que traballe sobre beirarrúas e zonas peonís. Conta cunha elevada capacidade de aspiración para o barrido de residuos en eventos.
Presentouse tamén un furgón hidrolimpador con auga quente de alta presión que permite facer limpezas localizadas de forma autónoma, eliminando a suciedade incrustada e as manchas, e unha furgoneta de inspección eléctrica para facer labores e seguimiento de vixiancia do servizo.
A totalidade dos vehículos incorporan as últimas tecnoloxías do sector en aspectos como emisións, ruidos, ergonomía e eficiencia xeral, adquiríndose tamén vehículos 0 emisións.
A compra dos cinco vehículos supuxo un investimento de 513.624 euros, que está englobada dentro dun investimento total de 2.124.371 euros, unha vez estén incorporados todos os vehículos, a maquinaria auxiliar, colectores e papeleiras.
Contedores e papeleiras
A nova contenerización se está incorporando de forma gradual no casco urbano, onde se poden atopar xa os novos colectores de carga lateral para a fracción resto e envases. Continuarase en próximas datas incorporando colectores de carga lateral do resto de fraccións, vidro e papel-cartón.
En próximas datas continuarase co cambio de colectores no ámbito rural, tanto no que corresponde á fracción resto como as recollidas selectivas.
Tamén é escalonada a incorporación das novas papeleiras, que se completará nos próximos meses.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



