Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada sobre o Entroido no Museo Provincial do Mar

O sábado 9 de febreiro, a partir das sete da tarde, no Museo Provincial do Mar de San Cibrao, Cervo, celébrase unha xornada sobre o Entroido que dará comezo cunha charla divulgativa denominada “Que celebramos no Entroido? Algúns Entroidos singulares da provincia de Lugo”, por Carme Pernas Bermúdez, bolseira de patrimonio inmaterial da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. Tamén se poderán ver as proxeccións de “As caras do Entroido”; ademais doutras proxeccións audiovisuais de vídeos e fotografías antigas e actuais dos Entroidos Ribeirao, Salcedao e da Terra Chá. Os vídeos foron realizados por Carme Pernas e Rosa Brañas e pola Asociación Cultural en Defensa do Patrimonio “LugoPatrimonio”. Pola súa banda, as fotografías pertencen aos arquivos J. M. Blanco Prado, IESCHA, B. Barreiro e área de Cultura e Turismo da Deputación. A proxección continúa durante os días do período de Entroido. Ademais, do 7 ao 17 de febreiro poderase ver parte da mostra “O Entroido en imaxes”, con fotografías de José Manuel Blanco Prado.

Exit mobile version