Site icon Crónica3.com A Mariña

A web feita por fans do Xabarín é retirada da rede

Os creadores da web Xeración Xabarín, ata agora accesible no enderezo http://xabarin.org, denuncian a ameaza de emprender accións legais na súa contra por parte da CRTVG. Así, explican que “vímonos obrigados a retirar a web da rede”. Por outra banda, argumentan que “foi a nosa web a que mantivo aceso ó fenómeno Xabarín estes últimos anos”, dende a súa creación no ano 2007 co obxectivo de constituír un espazo feito por e para fans a través do que ofrecer información sobre o Xabarín Club, como por exemplo, a forma de “facerse socio do club que non se pode atopar na web da CRTVG”, manifestan. Nas redes sociais tamén denuncian a falta dunha conta oficial no twitter “sendo a feita por nós a que interactuaba cos fans e informaba das novas relacionadas co club”. A despedida da web pódese atopar no twitter da Xeración Xabarín.

Exit mobile version