Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnos do Vilar Ponte nun concerto da Real Filarmonía de Galicia

SONY DSC50 alumnos de 2º da ESO do IES Vilar Ponte de Viveiro acompañados por tres profesores do Departamento de Música, acudiron a un concerto da Real Filarmonía de Galicia ao Auditorio de Galicia. Alí escoitaron o Concerto para Violonchelo en Re Maior do músico austríaco e gran virtuoso do piano, Fiedrich Gulda (1930-2000). A dirección da orquesta estivo en mans de Maximino Zumalave, interpretando o violonchelo solista o afamado músico Thomas Piel. Este concerto didáctico resultou moi ameno en entretido, unha boa esperiencia para todo o alumnado que poido disfrutar da música clásica nun dos escenarios máis importantes de Galicia.

Exit mobile version