50 alumnos de 2º da ESO do IES Vilar Ponte de Viveiro acompañados por tres profesores do Departamento de Música, acudiron a un concerto da Real Filarmonía de Galicia ao Auditorio de Galicia. Alí escoitaron o Concerto para Violonchelo en Re Maior do músico austríaco e gran virtuoso do piano, Fiedrich Gulda (1930-2000). A dirección da orquesta estivo en mans de Maximino Zumalave, interpretando o violonchelo solista o afamado músico Thomas Piel. Este concerto didáctico resultou moi ameno en entretido, unha boa esperiencia para todo o alumnado que poido disfrutar da música clásica nun dos escenarios máis importantes de Galicia.
