O Presidente e a Alcaldesa chairega asinaron un convenio que servirá entre outras cuestións para construír un parque infantil no Campo da Feira, remodelar o de Rosalía de Castro; e rehabilitar o firme no acceso ao barrio das Fontiñas e na rúa do Rego
Lugo, 15 de setembro de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a Alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco Seoane, veñen de asinar no Pazo de San Marcos un acordo de colaboración polo cal a institución provincial achegará máis de 260.000 euros para mellorar diferentes espazos públicos da capital chairega. Este acordo servirá para construír un parque infantil no Campo da Feira, remodelar o de Rosalía de Castro; rehabilitar o firme no acceso ao barrio das Fontiñas e na rúa do Rego; dotar de dúas canastras ao CEIP Mato Vizoso e dotar dun vehículo para o servizo eléctrico municipal.
“Asinamos unha colaboración moi importante para a veciñanza de Vilalba. Dunha banda, este acordo permitirá facer varias melloras de calidade urbana, facilitando a accesibilidade e a seguridade viaria e dotando de novos espazos de lecer para a infancia; dúas cuestións cun impacto esencial na economía local e no desenvolvemento da vida social”, explicou Tomé Roca. “Doutra banda, conseguimos ademais un aforro significativo en mantemento eléctrico municipal, mellorando ademais o servizo que se presta desde o Concello, axilizando o tempo de resposta”, engadiu.
Vilalba mellorará e ampliará os seus espazos infantís con cargo a estes fondos. No Campo da Feira, do lado da pista multiocio, construirase un parque infantil que contará cunhas dimensións de 180 metros cadrados. Instalarase un pavimento de caucho continuo de dobre capa en toda a superficie, delimitada por unha valla de madeira en postes e traveseiros. O espazo contará cun balancín de dúas prazas e unha rede de xogos. Ademais contará coa iluminación de dous farois e catro proxectores.
Tamén se remodelará a zona infantil do parque de Rosalía de Castro. Substituirase o pavimento de caucho existente e tamén e a valla, de 100 metros cadrados e renovaranse todos os xogos, instalando unha casiña, un xogo múltiple con tobogán, bambán e redes. Ademais, este investimento da institución provincial servirá tamén para dotar e instalar un xogo de dúas canastras no pavillón do CEIP Mato Vizoso.
Mellora da mobilidade
Este acordo permitirá tamén mellorar a mobilidade da capital chairega coa rehabilitación do firme no acceso ao barrio das Fontiñas e na rúa do Rego. No caso da vía que dá acceso ás vivendas situadas neste residencial de Fontiñas desde a rúa Conde Pallares, haberá que fresar os preto de 200 metros de firme, repavimentar con aglomerado en quente e repoñer a sinalización co pintado de marcas lonxitudinais e transversáis.
O proxecto contempla ademais a remodelación da segunda parte da rúa do Rego, desde a altura do número 2 ata o final da mesma. Neste caso, darase continuidade á intervención realizada no primeiro tramo, no acceso desde o cruce coa rúa Plácido Peña, nunha intervención que mellorará a seguridade e a comodidade de vehículos e peóns. As obras consistirán na demolición do pavimento e beirarrúas existentes para a pavimentación dun área de 430 metros cadrados de plataforma única de formigón en masa, tamén se executará a conexión coa rede de saneamento municipal e dos elementos de condución e recollida de augas pluviais.
Un vehículo para o servizo eléctrico
Os fondos da Deputación servirán tamén para a adquisición dunha plataforma aérea telescópica con camión portador para a súa adscrición ao servizo eléctrico do Concello. Unha compra que permitirá un acceso máis rápido aos traballos de mantemento eléctrico, como a iluminación pública, sinais e mantemento de redes, permitindo un aforro económico e enerxético importante e reducindo os tempos de resposta.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



