O disco Jard Rock con Fe, que será o noveno traballo discográfico de Heredeiros da Crus, é o primeiro disco de estudo que publican desde hai case dez anos e estrearase en directo o vindeiro 24 de maio na discoteca LP45 de Ordes (A Coruña). As entradas para o concerto xa están á venda, a través da tenda online de Airapro, Ticketmaster e unha serie de puntos de venda físicos espallados por toda Galicia e dos que hai máis información na páxina web de Heredeiros da Crus, www.heredeirosdacrus.com. Ademais, o primeiro single ‘A Duquesa de Poi’, sobre a historia real da avoa de Tonhito de Poi que durante a posguerra se mofoi das autoridades locais en Ribeira disfrazando a un cocho de alcalde, e o segundo ‘Francisco Chousa (El campeador)’, un tema rock sobre a vellez e a madurez sexual, xa se poden escoitar en YouTube e Spotify.






















Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



