Ameijide considera “unha oportunidade” o crecemento da demanda de alimentos e produtos elaborados ecolóxicos para un sector que contribúe á xeración de emprego e ao asentamento da poboación en Galicia e na provincia de Lugo
Lugo, 31 de agosto de 2026. O portavoz do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, pon en valor a “calidade diferenciada” dos produtos agroalimentarios galegos baixo o selo ecolóxico e subliña o importante labor do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) para o seu control e impulso.
O popular visitou -acompañado polo presidente da entidade Francisco López Valladares, o director de promoción Marcos Vázquez, o director técnico Manuel Cancio e o secretario Javier García- as instalacións na cidade de Lugo, a sede principal á que se suman outros dous centros de traballo en Monforte de Lemos e Vilanova de Arousa.
A entidade certificadora pechaba o ano 2025 con máis de 1.500 rexistros inscritos en toda Galicia e máis de 46.600 hectáreas de superficie. Desta, máis do 45% se atopa na provincia de Lugo que tamén concentra a maior porcentaxe de produtores xa que supera o 40% do total de Galicia. Lugo destaca en produción animal con preto do 60% do conxunto da comunidade e sitúase por diante tamén en produción vexetal alcanzando o 33%.
Por volume de negocio, a produción animal ten o maior peso con máis do 50% do volume total, seguida da produción vexetal cun 37%, e a produción acuícola e as algas cun 10%.
Ameijide destaca “o crecemento da produción agroalimentaria en ecolóxico en Galicia” que superou no 2025 un volume de negocio de 7,12M€. Así mesmo, considera “esperanzador” para o sector agroalimentario galego o crecemento dos produtos elaborados con certificación que “marca un camiño de oportunidades”.
“Galicia e Lugo son sinónimos de calidade agroalimentaria. E o selo ecolóxico constitúe, ademais, unha oportunidade para os nosos produtores ante o crecemento da demanda dos alimentos -tanto carnes, como lácteos, froitas, verduras, cereais, ovos, conservas, mel, viño- e elaborados producidos de forma respectuosa co medio ambiente e sen aditivos”, apuntou Ameijide.
O portavoz provincial do Partido Popular pon en valor os proxectos implantados na nosa provincia que “contribúen á xeración de emprego e ao asentamento da poboación ao mesmo tempo que producen alimentos de calidade diferenciada dende o noso territorio”.
CRAEGA
O CRAEGA é o organismo de control da agricultura ecolóxica autorizado no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. A entidade pública conta con representación do sector produtivo, elaborador, comercializador e a propia Administración galega. E entre as súas funcións atópase a de auditar e certificar os produtos agroalimentarios ecolóxicos da nosa Comunidade Autónoma, xestionar o rexistro dos operadores ecolóxicos galegos, promover o consumo de alimentos ecolóxicos e divulgar os sistemas de produción ecolóxica.



















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



