Paloma Castro reivindica unha acuicultura “moderna e sostible” regulada da man do sector nun proceso público, transparente, con garantías ambientais claras e que protexa os usos tradicionais
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2026. A portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Paloma Castro, esixiulle hoxe ao goberno galego que teña en conta ao sector pesqueiro para elaborar o decreto da regulación da Acuicultura. Na comparecencia do director xeral de Pesca en Comisión parlamentaria, Castro defendeu a modernización dunha lexislación con máis de 30 anos pero consensuado cos milleiros de familias que viven da pesca en Galicia.
Reclamou unha acuicultura “moderna e sostible” que parta dun proceso regulador público e transparente, que incorpore garantías ambientais claras e que protexa os usos tradicionais para que poidan convivir co novo modelo de desenvolvemento. Puntualizou neste sentido que “modernizar non pode significar abandonar o tradicional, axilizar non pode significar reducir controis, e atraer investimento non pode supor entregar os nosos recursos ao mellor postor”.
A parlamentaria socialista alertou de que o incremento da produción “non pode ser o único criterio” que defenda o goberno galego, senón que “o éxito será que dentro de dez ou vinte anos sigamos tendo rías produtivas e tamén unha acuicultura moderna e sostible”. Por iso reclamou un modelo produtivo que “sume ao sector do mar, e non substitúa o que xa temos”.
Esixiulle ao goberno galego que escoite ao sector, logo do fiasco de 2016, cando a daquela conselleira do Mar, Rosa Quintana, tivo que retirar o proxecto de Lei para regular a Acuicultura pola falla de acordo cos profesionais do mar. Advertiu que “unha reforma desta importancia non se pode impoñer dende un despacho”, e reclamou que “escoiten primeiro e lexislen despois” incorporando as aportacións do sector á futura norma.








A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.