Site icon Crónica3.com A Mariña

Día da Galiza Mártir en Alfoz

Dia GZ Mártir AlfozEste domingo 22 de setembro desenvolveuse a conmemoración da Galiza Mártir no Castrodouro (Alfoz) ao longo do día. O acto comezou coa lectura dun manifesto a prol da soberanía nacional da Galiza e a continuación tivo lugar o xantar de confraternidade no que participou medio cento de persoas, a meirande parte delas dos concellos de Alfoz e O Valadouro. A media tarde un grupo de gaiteiros fixo soar o Himno Galego e no serán, deuse por rematada a conmemoración local, cuxa primeira edición tivo lugar no 1997.

Exit mobile version