Este domingo 22 de setembro desenvolveuse a conmemoración da Galiza Mártir no Castrodouro (Alfoz) ao longo do día. O acto comezou coa lectura dun manifesto a prol da soberanía nacional da Galiza e a continuación tivo lugar o xantar de confraternidade no que participou medio cento de persoas, a meirande parte delas dos concellos de Alfoz e O Valadouro. A media tarde un grupo de gaiteiros fixo soar o Himno Galego e no serán, deuse por rematada a conmemoración local, cuxa primeira edición tivo lugar no 1997.
Día da Galiza Mártir en Alfoz
Día da Galiza Mártir en Alfoz
Relacionado
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
45 alumnxs do IES de Foz graduáronse este mércores nun acto emotivo e divertido