A presidenta provincial, Elena Candia, e o portavoz do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, compareceron en rolda de prensa acompañados por deputados, alcaldes e portavoces de toda a provincia
Lugo, 4 de xullo de 2025. O PP lucense clama unido contra o uso “sectario” dos fondos dos lucenses por parte dun goberno provincial e reivindica, unha vez máis, “un reparto xusto, igualitario e sensato” dos fondos da Deputación de Lugo defendendo a “búsqueda dun equilibrio” fronte ao sectarismo do goberno de PSOE e BNG.
A presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, e o portavoz do Grupo Provincial, Antonio Ameijide, compareceron en rolda de prensa acompañados por un importante número de deputados provinciais, alcaldes e portavoces da provincia para facer balance do reparto a dedo de fondos por parte do goberno de PSOE e BNG nos primeiros seis meses do 2025: 20 convenios aprobados en xunta de goberno, a porta pechada, que superan os 3,5M€. E, segundo puntualizou o portavoz provincial, “aínda falta a recta final que é cando, habitualmente, o reparto experimenta un crecemento ata chegar incluso, como no 2023, ata os 15M€ repartidos maioritariamente entre concellos gobernados polo PSOE e polo BNG”.
Concretamente, no que vai de ano, o goberno de PSOE e BNG dirixiu máis de 3M€ en 13 convenios con concellos gobernados polo PSOE, 205.000€ en 5 convenios con concellos gobernados polo BNG, 235.000€ en 2 convenios con concellos con gobernos independentes e 0€ con gobernos do PP, a pesar de ser máis da metade dos concellos da provincia. Ameijide incidiu, ademais, en que “os máis beneficiados son os concellos gobernados por alcaldes do PSOE, pero que son amigos de Tomé”.
O goberno provincial ten aprobado convenios con dous concellos gobernados polo Partido Popular, pero “neste caso son para traspasar a responsabilidade de estradas provinciais aos Concellos”.
GOBERNAR PARA TODOS
Elena Candia explicou que “hoxe os que nos damos cita aquí representamos a moitos lucenses, a moitos concellos” para manifestar a “desconformidade coa maneira de gobernar do presidente da Deputación” e reivindicar “unha maneira de gobernar para todos”.
A dirixente popular lamenta que “os problemas internos do PSOE afectan á gobernabilidade desta institución e á maneira na que se goberna” e lembrou que, “cun goberno en minoría na Deputación, o Grupo Popular tivo a oportunidade e puxo enriba da mesa un reparto xusto, equitativo e razoable: o Plan Único, a única forma na que os concellos gobernados polo Partido Popular poden acceder aos recursos desta institución”.
A presidenta puntualizou que “o actual presidente cando tomou posesión xustificaba apartar ao entón presidente, Darío Campos, porque viña a restablecer a normalidade democrática. Daquela era un deputado o que discrepaba do presidente, agora son tres”. E amosou a súa preocupación porque “10 anos despois, as liortas internas do PSOE continúa condicionando, non só a gobernabilidade; senón, o que é máis preocupante, o reparto de recursos que debería ser para todos os lucenses”.
Ameijide sinala que “Tomé non se entende con ninguén, só cos que compra cada venres a porta pechada co talonario de tódolos lucenses; pero a Deputación de Lugo non está para comprar amigos, nin para pagar o sillón de Tomé ou unhas semanas de osíxeno para o PSOE cos fondos de tódolos lucenses; senón para traballar pola provincia e polos veciños e veciñas”. Así mesmo, engade que “Tomé é o presidente da prepotencia, a desigualdade e a deslealdade coa provincia e, tamén, incluso con parte dos seus compañeiros socialistas, motivo que xerou a crise do PSOE que, lonxe de pecharse, segue moi aberta”.
O portavoz engadiu que “precisamente hoxe se celebra unha xunta de goberno na que poderemos ver canto nos vai empezar a custar a todos a tregua temporal dentro do grupo socialista no goberno da Deputación. Seguramente nos van saír moi caras a tódolos lucenses unhas semanas de osíxeno para Tomé”.
DESIGUALDADE DE OPORTUNIDADES
Ameijide explicou que “un dos deberes da Deputación de Lugo é colaborar cos Concellos”, pero cre que “hai que buscar dun equilibrio”. Así, explicou que “non estamos en contra de que a Deputación invista nos concellos da provincia, do que estamos en contra é de que o goberno de Tomé pague as ocorrencias dalgúns alcaldes, os sobresoldos doutros, ou gastos correntes dalgúns Concellos cos cartos de tódolos lucenses; mentres que os gobernados polo PP nin sequera poden empregar con certa flexibilidade os fondos do Plan Deputación”. De feito, “as bases do Plan Deputación non permiten dirixir eses fondos provinciais a gastos correntes, a pesar das reclamacións do Grupo Popular para dar maior flexibilidade ao seu uso por parte dos Concellos” porque “todos teñen esa necesidade”.
O portavoz popular condenou, por exemplo, que “a Deputación estea financiando a calefacción das gradas dun campo de fútbol municipal nun Concello con máis de 3,5M€ sen que o alcalde e o seu goberno tomen ningún tipo de medida para a súa redución. O goberno de Tomé non debería estar financiando as ocorrencias nun Concello hipotecado e endebedado, cando o que precisa é axuda para canalizar a súa situación económica e para garantir a prestación dos servizos aos veciños”.
Igualmente, “tampouco debería financiar os sobresoldos de alcaldes a través de convenios coa Deputación, mentres que un Concello veciño non reciba a axuda que precisa por estar gobernado por outra cor política”.
Así mesmo, advertiu que “os convenios xa non só cos propios Concellos, senón con Fundacións creadas por eles para escapar da fiscalización e dos controis aos que se deben someter as administracións locais”.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



