Site icon Crónica3.com A Mariña

Ruta por Muros tralo incendio no Monte Pindo

murosDespois de non poder facer a Ruta do Monte Pindo debido a o incendio que desgraciadamente transformou o noso “Olimpo” en cinza. O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, organizou de forma rápida unha ruta alternativa para o pasado domingo día 15. A ruta que se realizou finalmente foi a do Monte Louro e Lagoa de Xarfas en Louro, concello de Muros. O Monte Louro situado en plena Ría de Muros e Noia, encontrase na punta que divide as Rias Baixas, da Costa da Morte. Todo un espectacular Monte, moi preto da costa, flanqueado a ambas parte del, por preciosas praias (Ancoradoiro, Area Grande, San Francisco). O cumio do Monte Louro, e unha espectacular vista de toda a Ria de Noia e Muros, da Serra do Barbanza, e de toda a Costa da Morte. Nesta ruta participaron un total de 54 sendeiristas que poideron disfrutar dunha xornada espléndida tanto de tempo como de camiñata.

Exit mobile version