Despois de non poder facer a Ruta do Monte Pindo debido a o incendio que desgraciadamente transformou o noso “Olimpo” en cinza. O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, organizou de forma rápida unha ruta alternativa para o pasado domingo día 15. A ruta que se realizou finalmente foi a do Monte Louro e Lagoa de Xarfas en Louro, concello de Muros. O Monte Louro situado en plena Ría de Muros e Noia, encontrase na punta que divide as Rias Baixas, da Costa da Morte. Todo un espectacular Monte, moi preto da costa, flanqueado a ambas parte del, por preciosas praias (Ancoradoiro, Area Grande, San Francisco). O cumio do Monte Louro, e unha espectacular vista de toda a Ria de Noia e Muros, da Serra do Barbanza, e de toda a Costa da Morte. Nesta ruta participaron un total de 54 sendeiristas que poideron disfrutar dunha xornada espléndida tanto de tempo como de camiñata.
Ruta por Muros tralo incendio no Monte Pindo
Ruta por Muros tralo incendio no Monte Pindo
Relacionado
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
45 alumnxs do IES de Foz graduáronse este mércores nun acto emotivo e divertido