“Desde a Deputación temos claro que apoiar ás pequenas e medianas empresas non é só un deber institucional: é unha aposta polo desenvolvemento sostible e equilibrado do territorio”, subliñou o mandatario provincial
Lugo, 26 de xuño de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este xoves no acto de entrega do IX Premio Peme do Ano Lugo 2025, o galardón que pon en marcha a Cámara de Comercio de España, a Cámara de Comercio de Lugo e o Banco Santander. Nesta edición, a entidade galardoada con este recoñecemento foi Industrial Recense, unha empresa da Pontenova con máis de 70 anos de historia que se dedica a proveer ao sector da construción.
No acto, que tivo lugar na oficina principal do Banco Santander de Lugo, o mandatario provincial felicitou aos galardoados e destacou que “é importante recoñecer hoxe o labor de quen lidera proxectos valentes”, sinalando ás empresas que apostan pola formación, a innovación, a sustentabilidade ou a internacionalización. Engadiu que das 22.000 compañías activas no territorio, a maioría son pequenas, “pero o seu impacto é enorme: sosteñen o emprego, a cohesión e o futuro da nosa provincia”.
“Desde a Deputación de Lugo temos claro que apoiar ás pemes non é só un deber institucional: é unha aposta polo desenvolvemento sostible e equilibrado do territorio”, unha aposta que, segundo sinalou, a institución provincial traduce en feitos: “impulsando a formación, apoiando o emprendemento, favorecendo a modernización, promovendo a sustentabilidade e estando sempre ao lado das empresas”.
Ademais do Premio Peme do Ano, neste evento tamén se recoñeceu cun accésit o labor de catro entidades máis, Medrar Smart Solutions SL, na categoría de Dixitalización e Innovación; Pesquerías del buen viaje S.L., no apartado de Formación e Emprego; Transmedia Comunicaciones y Prensa SLU. en Internacionalización e Lácteos Lorán na categoría de Peme Sostible, galardón que entregou o máximo representante provincial.
Participaron tamén neste acto o Alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, entre outras autoridades.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



